Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38380

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 30 de xuño de 2022, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, modificar os seguintes modelos de corrección de respostas:

– Na especialidade de seguridade no traballo, acceso libre, ante as alegacións feitas polos aspirantes anular a pregunta 35 da parte troncal e substituíla pola pregunta 152, así como modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 25, relativa á parte troncal, en que a correcta é a alternativa b). Desestímanse na súa totalidade o resto de alegacións.

– Dado que ambas as preguntas especificadas no punto anterior figuran tamén na parte troncal do exame da especialidade de hixiene industrial, o tribunal acorda tamén anular a pregunta 35 desta especialidade, que se substitúe pola pregunta 152, así como modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 25, en que a correcta é a alternativa b).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal do 8 de xuño de 2022 pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obteñan un mínimo de:

- Na quenda de acceso libre: as persoas aspirantes presentadas que obteñan un mínimo de 60 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto de una pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan ni reciben puntuación.

Asignaráselles a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 29 de xuño de 2022, acadou a puntuación mínima de 20 puntos un total de:

– Especialidade de seguridade no traballo acceso libre: 55 aspirantes.

– Especialidade de hixiene industrial, acceso libre: 1 aspirante.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación xustificativa de que están en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal