Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38236

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Carballo, para delimitación de solo de núcleo rural número 3 A Brea.

O Concello de Carballo solicita a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal referida, en virtude do previsto no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Carballo dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente pola Orde da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do 4.2.2016 (DOG do 26.2.2016).

2. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe o 5.3.2021, para os efectos do trámite de consultas previsto no artigo 78.4.b) da LSG.

3. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou o informe ambiental estratéxico o 30.3.2021 (DOG do 20.4.2021), no cal se resolve non someter a modificación puntual ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria. No marco do proceso de consultas previas, contestaron, ademais da DXOTU:

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, informe do 15.2.2021, con observacións.

O Instituto de Estudos do Territorio, informe do 23.3.2021.

4. O xefe da Área de Urbanismo e o técnico xurídico de Urbanismo do Concello de Carballo emitiron informe técnico e xurídico o 16.11.2021.

5. O Pleno do Concello de Carballo aprobou inicialmente a modificación puntual o 29.11.2021. Foi sometida a información pública polo prazo de dous meses (El Ideal Gallego e La Voz de Galicia do 11.12.2021, Diario Oficial de Galicia do 31.12.2021 e Boletín Oficial del Estado do 13.1.2022), e notificada aos titulares catastrais coñecidos. Presentouse unha alegación, segundo certificación do secretario xeral municipal do 23.3.2022.

6. Consta a emisión dos seguintes informes non autonómicos:

Subdirección Xeral de Patrimonio (Ministerio de Defensa) do 21.12.2021.

Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do 22.12.2021.

Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) do 23.12.2021, favorable.

Área de Fomento (Delegación do Goberno en Galicia) do 3.3.2022.

Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico) do 1.2.2022.

7. Consta a emisión dos seguintes informes autonómicos preceptivos:

Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior) do 13.12.2021.

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en materia de solos contaminados, do 20.12.2021.

Servizo de Enerxía e Minas (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación) do 27.12.2021.

Augas de Galicia do 14.2.2022, favorable.

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 18.2.2021, favorable.

Instituto de Estudos do Territorio, en materia de paisaxe, do 3.3.2022.

8. Deuse audiencia aos concellos limítrofes de Tordoia, Ponteceso, Malpica, A Laracha, Coristanco e Cerceda.

9. O xefe da Área de Urbanismo e o técnico xurídico de Urbanismo do Concello de Carballo emitiron informe técnico e xurídico o 12.4.2022.

10. O Pleno do Concello de Carballo aprobou provisionalmente a modificación o 25.4.2022.

11. A solicitude de aprobación definitiva realizouse mediante oficio do 26.5.2022, que tivo entrada o día 27.5.2022 no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela.

II. Obxecto e descrición da modificación.

A modificación ten como finalidades:

a) Redelimitar o solo de núcleo rural da Brea para incluír nel varias parcelas edificadas situadas no límite actual do núcleo.

b) A modificación incorpora ao núcleo rural tres parcelas edificadas e catro sen edificar situadas entre estas e a actual delimitación, e exclúe do núcleo unha parcela non edificable e partes doutras tres parcelas, o que supón un incremento de 9.951 m2 de superficie sobre os 179.202 m2 actuais e unha parcela edificable máis.

c) Ademais, axústase a liña límite do núcleo aos límites catastrais de dúas parcelas que non coinciden exactamente cos cartografados no PXOM.

III. Análise e consideracións.

Analizada a documentación achegada, non se observan obxeccións a esta modificación puntual, e comprobouse que se axusta no seu contido e tramitación ao informe emitido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 5.3.2021.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM do concello de Carballo para a delimitación do solo de núcleo rural nº 3 A Brea.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio esta modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

4. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da modificación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita esta no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo