Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20220029AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 18 de maio de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20220029AE-OU incoado ao titular do NIE X7260602P, con enderezo na rúa Padre Sarmiento, número 12-4º B, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIE X7260602P, con enderezo na rúa Padre Sarmiento, número 12-4º B, 32005 Ourense, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 17 de xuño de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20220029AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: X7260602P.

Último enderezo coñecido: rúa Padre Sarmiento, número 12-4º B, 32005 Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG núm. 202, do 21 de agosto).

Artigo 42.e) O incumprimento, por neglixencia grave, dos requisitos, condicións, obrigas ou prohibicións establecidas na vixente lexislación en materia sanitaria, así como calquera outro comportamento que supoña imprudencia grave, a condición de que ocasionen alteración ou risco sanitario, aínda que sexan de escasa entidade.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: seis mil quince euros (6.015 €).