Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Persoa interesada

Acto notificado

Emilio Pereiro Merlo

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTA e substitución apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807 no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/046-4).

Herdeiros de María Dalia Dopazo Dopazo

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT e CT As Sobráns no concello de Meaño (expediente IN407A 2022/057-4).

Ana Gabriela Sagaste Reinaldo e Aurora Reinaldo Vázquez

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica regulamentación LMT FRI808 entre apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5 (expediente IN407A 2022/062-4) no concello da Cañiza.

Manuel Blanco Barciela

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS e CT Sobráns (expediente IN407A 2022/089-4) no concello de Mos.

María Mercedes Pacheco Paz

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS CBD804 e CT na Modia (expediente IN407A 2022/112-4) no concello de Cambados.

Manuel Dios Rodríguez e María Emilia Dios Besada

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT CDB804 e substitución CT Cores (expediente IN407A 2022/117-4) no concello de Vilanova de Arousa.

Moisés Balboa Pereira

Resolución do 24 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica LMTS e cambio de CTI a CTC Sopegal no concello de Baiona (expediente IN407A 2021/237-4).

Purificación Fernández Pérez

Resolución do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica reforma LMT TRO703 e instalación CT Sampaio 2 no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/040-4).

José Luis Iglesias Varela

Resolución do 31 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica reforma LMTA LAL803 en Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo de Arriba no concello de Lalín (expediente IN407A 2021/056-4).