Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a ampliación do recoñecemento da declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación Cabreiroá 3 para as augas procedentes da captación Cabreiroá 5, no concello de Verín.

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 12 de maio de 2022 a resolución de ampliación do recoñecemento da declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación Cabreiroá 3 para as augas procedentes da captación Cabreiroá 5, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, cos seguintes datos:

Nome: Cabreiroá 5.

Recurso: sección B) auga mineral natural.

Termo municipal: Verín.

Procedencia de extracción: nacional.

Titular: Aguas de Cabreiroá, S.A.

Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 631.718 e Y: 4.642.213.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do punto b) do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais.

En cumprimento da obriga de publicidade recollida no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 13 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense