Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37625

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal-madeira de Galicia (código de procedemento IN501A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLVE:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal-madeira de Galicia (código de procedemento IN501A), que figuran no anexo I.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2022 con cargo á aplicación orzamentaria 06.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, dotada con 500.000,00 €.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2022

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Axudas concedidas

Expediente

Nome/razón social

Baremo
(puntos)

Importe concedido
(por solicitante)

Importe concedido
(por expediente)

IN501A-2022-002

Asociación Clúster da Biomasa de Galicia

220

62.423,21 €

62.423,21 €

IN501A-2022-003

Asociación Clúster da Biomasa de Galicia

170

14.644,76 €

35.905,52 €

Asociación Bio Eco 2

21.260,76 €

IN501A-2022-004

Fundación Eduardo Pondal

45

14.891,63 €

14.891,63 €

IN501A-2022-005

Federación Empresarial de Aserradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (Fearmaga)

285

69.168,33 €

69.168,33 €

IN501A-2022-006

Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga)

280

19.410,00 €

21.960,00 €

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

2.550,00 €

IN501A-2022-007

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC)

145

47.261,53 €

47.261,53 €

IN501A-2022-008

Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

160

26.363,26 €

26.363,26 €

IN501A-2022-009

Asociación Provincial de Empresarios da Madeira de Lugo

535

80.000,00 €

80.000,00 €

IN501A-2022-010

Asociación de Mulleres Rurais de Santa María de Urdilde

85

5.650,00 €

5.650,00 €

IN501A-2022-011

Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari)

90

13.929,00 €

13.929,00 €

IN501A-2022-012

Fundación Arume

90

24.667,17 €

24.667,17 €