Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 9 de xuño de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

DNI

Acto notificado

76475705S

Trámite de audiencia