Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Campo de Futbito da Gándara, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, na parroquia do Viso, concello de Redondela.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 6 de outubro de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Redondela.

Parroquia: O Viso.

Nome do monte: Campo de Futbito da Gándara.

Cabida: 1.279 m² aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño e propiedade de Mario Otero Montero (polígono 6, parcela 2014).

Sur: camiño, propiedade de Claudio López Bouzón (polígono 6, parcela 1098), propiedade descoñecida (polígono 6, parcela 1094) e propiedade de Luis González Míguez (polígono 6, parcela 1092).

Leste: estrada municipal (concello de Redondela).

Oeste: propiedade de Leopoldo López Ortigueira (polígono 6, parcela 1066).

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

Xesús Santaló Ríos
Instrutor