Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37363

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 29 de xuño de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 37149 cómpre corrixir o anexo.

Na columna onde di: «II.2.3 Permanencia», debe dicir: «II.2.4 Cursos».

Na columna onde di: «II.2.4 Cursos», debe dicir: «II.2.3 Permanencia».