Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro en Ferrol.

A Xunta de Goberno Local, o 13 de xuño de 2022, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro en Ferrol, formulada pola Universidade da Coruña na parcela catastral 2849201NJ6125S0001RH, coa suspensión do outorgamento de licenzas no dito soar, nos termos do artigo 86 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Sométese o documento aprobado inicialmente a información pública durante o prazo de dous meses, de acordo co artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O documento está á disposición pública no Servizo de Urbanismo deste concello (rúa María, 54, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas), e na páxina web do concello.

As alegacións poderán achegarse por calquera medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 13 de xuño de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía do 8.7.2019; BOP do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado titular da Área de Urbanismo e Infraestruturas,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación,
Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna