Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado número 52/2022 debido á ampliación da demanda.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 52/2022, interposto por Alicia López Pedreira contra a Resolución reitoral do 2 de decembro de 2021, pola que se convoca proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de relacións institucionais, polo sistema de acceso libre.

O 19 de abril de 2022, o dito xulgado ditou auto en que estimou a solicitude de ampliación do recurso contra a Resolución reitoral do 11 de marzo de 2022, que modifica a convocatoria do proceso selectivo no punto 1 da epígrafe II (acceso libre) da fase de concurso.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de xuño de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo