Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 174/2022 (procedemento ordinario), interposto por María José Castro Barca contra a desestimación, por silencio, do recurso de reposición presentado contra o parágrafo 6°, punto 2.a), anexo IV, da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social (DOG núm. 126, do 5 de xullo), que dispón: «Para os efectos deste baremo, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional os servizos prestados nas categorías de persoal sanitario».
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos