Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36892

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022 pola que se amplía o crédito da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A).

O 19.7.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A).

No seu artigo 4 establécese que as axudas reguladas ao abeiro desta resolución se financiarán con cargo á conta financeira 6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, proxecto de gasto de axudas para as melloras de pequenos abastecementos no ámbito rural e apoio ás comunidades de usuarios, cunha dotación de 500.000 €.

O artigo 5 da Resolución do 5 de xullo de 2021 prevé a posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Na reunión do Consello da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2022 acordouse autorizar unha modificación orzamentaria da entidade pública empresarial Augas de Galicia que tivo como consecuencia que, unha vez contabilizados os expedientes de gasto de transferencias de capital dotados pola modificación do orzamento de capital Augas 4/2022 como consecuencia da incorporación do remanente afectado de 2021, se orixinase un saldo de crédito dispoñible (artigo 30.2.a) do Decreto 11/2009).

Incorporación

En execución 10.6.2022

Saldo dispoñible

Investimentos reais

1.959.776,75 €

 

 

Transferencias e subv. de capital

3.597.264,78 €

3.021.754,79 €

575.509,99 €

Total

5.557.041,53 €

3.021.754,79 €

575.509,99 €

Consonte o exposto, considérase oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A).

Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo:

Conta financeira

Importe

Inicial

6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fins de lucro)

500.000,00 €

Ampliación

6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fins de lucro)

302.768,94 €

Total

802.768,94 €

Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da Resolución do 5.7.2021;
DOG do 19 de xullo)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia