Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36977

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Incio

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo de operario de servizos varios.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 20 de xuño de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de operario de servizos varios, pertencente á oferta de emprego público de 2022, en réxime de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellooincio.sedelectronica.gal).

O Incio, 21 de xuño de 2022

Héctor Manuel Corujo González
Alcalde presidente