Mediante a Resolución de Alcaldía, do 20 de xuño de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), pertencente á oferta de emprego público de 2022, en réxime de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellooincio.sedelectronica.gal).
O Incio, 21 de xuño de 2022
Héctor Manuel Corujo González
Alcalde presidente