Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-50198).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da proposta de resolución ditada pola xefatura territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprazase a persoa citada no anexo ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, para proceder á notificación do referido acto ditado no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na Praza da Estrela s/n, 3º andar, Vigo, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do dito acto administrativo e advertíndolle que, de non facelo así, teráselle por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que a persoa interesada poderá presentar, no prazo de quince días desde o día seguinte ao da notificación por comparecencia do referido acto, as alegacións e/ou documentos que considere pertinentes.

Vigo, 26 de maio de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-50198

75818955F

Proposta extinción de prestación

24.11.2021