Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica un emprazamento ao recurso contencioso-administrativo con referencia P.O. 7158/2022, interposto contra resolución dun recurso de alzada contra o acordo da zona de reestruturación parcelaria de San Pedro de Benza (Trazo-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Procedemento

Acto que se notifica

Zona de reestruturación parcelaria

32254987V

P.O. 7158/2022

Emprazamento

San Pedro de Benza (Trazo-A Coruña)