Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36861

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 27 de xuño de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A).

A Orde da Consellería de Emprego e Igualdade, do 28 de abril de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia nº 85, do 3 de maio), establece no seu artigo 6 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2022.

Así mesmo, establece no seu artigo 6.4 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa orzamentario, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 30 de xaneiro.

En consecuencia, como existen remanentes de crédito na mesma aplicación (código de proxecto 2022 00157) para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas deste programa que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de que cheguen ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Emprego e Igualdade, do 28 de abril de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia nº 85, do 3 de maio), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022:

Programa extraordinario de apoio ás persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19 11.04.322C 470.8, código de proxecto 2022 00169, na contía de 383.000 € con fondos REACT-UE do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Artigo 2

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade