Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36745

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 10 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT821A).

Exposición de motivos

O artigo 32.1 da Lei 30/2014, do 3 de decembro, de parques nacionais, establece que, coa finalidade de promover o desenvolvemento sustentable destes espazos, as administracións públicas, dentro do seu ámbito competencial e conforme as dispoñibilidades orzamentarias, poderán conceder axudas técnicas, económicas e financeiras nas áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais.

O Real decreto 1229/2005, de 13 de outubro, polo se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado nas áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais, recoñece expresamente que a tramitación e resolución dos procedementos de concesión destas subvencións corresponde ás comunidades autónomas.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, clasifica como espazos naturais protexidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, entre outros, os parques nacionais como áreas naturais que, pola beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou da súa diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente.

E no seu artigo 31.2 dispón que os parques nacionais se rexerán pola súa normativa específica, conforme a cal a declaración se efectuará por unha lei das Cortes Xerais, e á Comunidade Autónoma de Galicia corresponderalle a xestión dos situados no seu territorio nos termos previstos na devandita normativa.

Galicia conta cun parque nacional que agrupa os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, e recibe ou nome de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este parque inclúe superficies pertencentes aos concellos de Vigo, Bueu e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra, e Ribeira, na Coruña.

O artigo 11 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, inclúe entre os seus órganos superiores e de dirección a Dirección Xeral de Patrimonio Natural (en diante, DXPN), que exerce as competencias e funcións en materia de conservación da natureza, protección, usos sustentables, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia os seus elementos etnográficos, e a súa preservación. A esta dirección xeral está adscrito con nivel orgánico de servizo o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Doutra banda, a pandemia provocada pola COVID-19 supuxo unha crise económica, social e sanitaria sen precedentes. A magnitude do desafío exixiu unha resposta común a escala europea. Como resposta a medio prazo implantouse o Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, a través do Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020.

No contexto do novo fondo de recuperación NextGenerationEU aprobouse, o 7 de outubro de 2020, o marco xeral do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, PRTR), regulado polo Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes para a modernización da Administración pública.

Na sesión da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do 9 de xullo de 2021 foi aprobado por maioría o Acordo polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos correspondentes ás subvencións destinadas polas comunidades autónomas ás áreas de influencia socioeconómica (AIS) dos parques nacionais, relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade, e 5 Preservación do espazo litoral e dos recursos hídricos do Mecanismo de recuperación e resiliencia por un importe total de 511.250.000 euros, que foron aprobados polo Acordo do Consello de Ministros do 6 de xullo de 2021.

O Organismo Autónomo Parques Nacionais (no sucesivo, OAPN) participa no proxecto Subvencións ás comunidades autónomas para as áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais de España, cunha dotación orzamentaria de 50 M euros, para todo o conxunto dos parques nacionais en España.

Con estas axudas preténdense impulsar accións demostrativas da sustentabilidade do desenvolvemento, fomentando o emprego verde e o emprendemento vencellado a novas actividades sustentables. As actividades financiables centraranse en desenvolver, demostrar, promover e presentar relacións harmoniosas do ser humano coa súa contorna, exemplificando unha nova maneira de relación das persoas coa natureza.

Estes obxectivos desenvolven as medidas expostas no compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestre e a súa biodiversidade, do PRTR.

As bases reguladoras para o financiamento de actuacións con cargo ao PRTR sinalan que as comunidades autónomas deberán financiar as devanditas actuacións a través da convocatoria de axudas baixo a modalidade de concorrencia competitiva, e que se rexen polo establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Tamén lle será de aplicación o réxime xeral das axudas e subvencións da nosa comunidade autónoma, establecido nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, modificada en última instancia pola Lei 13/2015, do 24 de decembro. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre as exixencias da citada normativa.

A tramitación desta convocatoria cumpre co disposto no artigo 67.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, sobre simplificación administrativa e apoio á recuperación económica, quedando condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para os anos 2022 e 2023.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (código de procedemento administrativo MT821A), de acordo co anexo II, Criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, con base no Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.

De acordo coa Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, entenderase por área de influencia socioeconómica do Parque Nacional a área ocupada polos concellos que teñen parte da súa superficie no Parque Nacional, é dicir, a superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

As axudas previstas nesta orde outorgaranse de conformidade cos criterios de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, atendendo a criterios de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e á eficiencia na asignación e emprego dos recursos públicos segundo o establecido no artigo 8 da Lei 38/2003 xeral de subvencións.

Estas axudas teñen por finalidade promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a concesión de axudas económicas para a realización de actividades na súa área de influencia socioeconómica.

Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do PRTR no marco do compoñente 4, investimento 2 e obxectivo 69.

Artigo 2. Beneficiarias e requisitos

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

1. Entidades locais.

a) Os concellos situados na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional (Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo).

2. Entidades empresariais.

a) As entidades empresariais que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e cuxa actividade principal se desenvolva nesta área, incluídas as empresas de inserción laboral (EIL) e de centros especiais de emprego; estes últimos deberán facer mención desta condición na súa solicitude.

b) As persoas empresarias que teñan a condición de autónomas ou as comunidades de bens nos seguintes supostos:

– Cando a súa residencia e actividade se localicen na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.

– Cando residan na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional e pretendan implantar a súa actividade nela.

– Cando non residan na dita área de influencia socioeconómica pero veñan realizando no interior do Parque Nacional actividades produtivas de carácter artesanal ligadas ao sector primario, sempre que tales actividades fosen especificamente reguladas nos instrumentos de planificación.

3. Persoas físicas: as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional, ou titulares dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010 que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons e que estean ao día das súas obrigas derivadas da concesión, e as persoas propietarias dunha vivenda dentro do Parque Nacional.

4. Institucións sen fins de lucro: as fundacións e asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e cuxa sede social ou a dalgunha das súas seccións ou delegacións estea na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional, sempre e cando entre os seus fins estatutarios figure expresamente a realización de actuacións en materia de conservación ou uso sustentable dos recursos naturais, de protección do patrimonio histórico-artístico ou de promoción da cultura tradicional, incluídos centros especiais de emprego; estes últimos deberán facer mención desta condición na súa solicitude.

5. As entidades de dereito público constituídas ao abeiro dalgunha lexislación sectorial en materia de recursos naturais renovables e cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento ordenado destes recursos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.

6. En todo caso, deberán establecerse mecanismos que aseguren que as medidas que desenvolvan as persoas beneficiarias finais contribúen ao logro dos obxectivos e condicións previstas (incluído o respecto ao principio DNSH e etiquetaxe climática e dixital), e que achegan a información que, de ser o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores. O financiamento a terceiros debe vincularse ao logro dos obxectivos que se perseguen.

En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades ou persoas que incorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 3. Obrigas das beneficiarias

1. Son obrigas das beneficiarias as enumeradas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. As beneficiarias deberán, pola súa vez, cumprir coas seguintes obrigas:

a) Asumir as responsabilidades que poderían derivar da realización do proxecto ou actividade.

b) Dispor das autorizacións ou licenzas administrativas correspondentes no caso de que sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade obxecto de axuda.

c) Ser a única responsable xurídica e financeira da execución do proxecto ou actividade obxecto da axuda.

d) Manter un sistema de contabilidade separado e específico en relación con estas subvencións, ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables que permita o seguimento dos gastos financiados a través destas subvencións, sen prexuízo das normas de contabilidade de obrigado cumprimento.

e) Cumprir coa normativa da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

f) Garantir o pleno cumprimento co principio de «non causar dano significativo ao ambiente» (principio «do no significant harm» - DNSH) e, se é o caso, a etiquetaxe climática e dixital, de acordo co previsto no PRTR, aprobado polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 e polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como o requirido na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia de España en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

g) Prever mecanismos, no caso de subcontratar parte ou toda a actividade obxecto da axuda, para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar dano significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

h) Respectar a normativa ambiental aplicable, en particular. En todo caso, respectaranse os procedementos de avaliación ambiental, cando sexan de aplicación, conforme á lexislación vixente, así como outras avaliacións de repercusións que puidesen resultar de aplicación en virtude da lexislación ambiental.

i) Incluír, sempre que sexa posible, criterios ambientais en todos os procedementos de contratación que poida convocar a beneficiaria en calquera fase de realización do proxecto obxecto de axuda.

j) Cumprir coa normativa en materia de igualdade e incluír, sempre que sexa posible, criterios para favorecer a igualdade de trato e de oportunidades en todos os procedementos de contratación que poida convocar a beneficiaria.

k) Cumprir coas obrigas específicas que estableza o PRTR e a súa normativa de aplicación, así como as impostas pola Unión Europea e, en especial, as entidades beneficiarias deberán:

1º. Recoller, para os efectos de auditoría e control do uso dos fondos e nun formato electrónico que permita realizar procuras para unha base de datos única, as categorías harmonizadas dos datos recollidos no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

2º. Gardar a rastrexabilidade de cada un dos investimentos e actuacións realizados, así como a correspondente documentación acreditativa. Someteranse ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e no Regulamento (UE) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión.

3º. Conservar e custodiar os documentos nas condicións e prazos establecidos no artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo.

4º. Asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de intereses e o dobre financiamento co obxecto de protexer os intereses financeiros da Unión. Para tal efecto, establecerase un sistema eficaz e eficiente e recuperaranse os importes aboados baixo erro ou empregados de maneira incorrecta, no sentido do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

5º. Responsabilizarse da fiabilidade e do seguimento da execución das actuacións subvencionadas, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación e dos fitos e obxectivos que se estableceron ao respecto.

6º. Asumir calquera outra obriga comunitaria e nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

l) Cumprir calquera outra obriga que, se é o caso, poida establecerse na resolución pola que se concede a axuda.

Artigo 4. Criterios de avaliación dos proxectos

1. A asignación das citadas subvencións farase en virtude da baremación realizada pola Comisión de Valoración, composta pola persoa titular da DXPN, que a presidirá. Ademais, serán membros da citada comisión a persoa titular do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e a persoa titular da Dirección do Parque Nacional. Exercerá as funcións de secretaría a persoa titular da Dirección adxunta do Parque Nacional. Así mesmo, asistirá ás reunións o persoal técnico e administrativo que sexa requirido en cada ocasión. En caso de ausencia dalgunha delas, a persoa titular da dirección xeral nomeará unha persoa substituta. Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.

2. A dispoñibilidade orzamentaria asignada na convocatoria limitará o número de expedientes que se aproben. Para iso ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios do baremo indicado, e aprobaranse os investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento e, se é o caso, aplicando a regra de desempate especificada no punto 6 do presente artigo.

3. Os criterios de avaliación e baremación de proxectos serán os seguintes:

Criterio I: avaliación do grupo de actividades subvencionables

Puntos

Segundo o tipo de actuacións que se van realizar (artigo 8.1):

Grupo a)

3

Grupo b)

2

Grupo c)

3

Grupo d)

1

Grupo e)

2

Grupo f)

2

Grupo g)

2

Grupo h)

1

Grupo i)

2

Grupo j)

2

Grupo k)

2

Total criterio I

Total × 0,10

Criterio II: avaliación segundo o Real decreto 1229/2005, do 13 de outubro

Ata 3

O carácter de exemplificación dun modelo de desenvolvemento compatible coa conservación dos procesos naturais

Ata 3

Volume de creación de emprego estable

Ata 3

A intensidade do efecto sobre a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento económico

Ata 3

Repercusión social

Ata 3

Promoción do emprego da lingua galega na realización das actividades

Ata 2

Suma

Media

Media × 0,40

Criterio III: avaliación segundo a calidade da proposta

Calidade da proposta: coherencia entre os obxectivos propostos e a problemática detectada, resultados actividades e prazos

Ata 3

Adecuación dos recursos: coherencia do orzamento, medios, persoal e organización

Ata 3

Claridade na formulación da proposta

Ata 3

Suma

Media

Media × 0,30

Criterio IV: magnitude do indicador.

hectáreas cubertas por actuacións efectivas de conservación da biodiversidade

Menos de 5 ha

Ata 1

Entre 5 e 15 ha

Ata 2

Máis de 15 ha

Ata 3

Suma

Media

Media × 0,20

No caso de concellos que teñan un convenio para a xestión compartida de servizos municipais e presenten unha solicitude conxunta para actuacións do grupo a) do artigo 8.1, a puntuación obtida conforme ao criterio I incrementarase nun 10 %. Se, ademais, acompañan a solicitude dunha memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual, esta porcentaxe elevarase ata o 25 %.

4. Ademais, a posteriori da puntuación obtida dos criterios de valoración anteriores, inclúese un factor de multiplicación (x 1,4) para discriminar os proxectos que, referidos a investimentos, repercutan directa e positivamente sobre a calidade de vida das persoas residentes no interior do parque nacional, e (x 1,2) se repercuten directa e positivamente na calidade de vida das persoas residentes na área de influencia socioeconómica. Este factor de multiplicación aplicarase á puntuación obtida dos catro criterios sinalados no punto anterior

5. O baremo inclúe un segundo factor de multiplicación (x 2) para discriminar os proxectos que acaden hectáreas cubertas por actuacións efectivas de conservación da biodiversidade dentro dos límites do Parque Nacional. Este factor de multiplicación aplicarase á puntuación obtida despois da aplicación do factor de multiplicación do punto anterior.

6. A igualdade de puntos, darase prioridade aos proxectos cunha maior superficie de actuación. Se continúa o empate, darase prioridade a aqueles proxectos cunha menor relación importe/ha e, de continuar, a aqueles proxectos que inclúan accións de formación, capacitación e de planificación.

Artigo 5. Financiamento e distribución do crédito

1. Esta orde financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.03.541B.760.2, 08.03.541B.770.2, 08.03.541B.780.2 e 08.03.541B.781.1 do código de proxecto 2022 00040 do orzamento de gastos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, por un importe de 1.660.000,00 euros, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria e anualidade:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

08.03.541B.760.2

200.000,00 €

200.000,00 €

400.000,00 €

08.03.541B.770.2

315.000,00 €

315.000,00 €

630.000,00 €

08.03.541B.780.2

100.000,00 €

100.000,00 €

200.000,00 €

08.03.541B.781.1

215.000,00 €

215.000,00 €

430.000,00 €

Totais

830.000,00 €

830.000,00 €

1.660.000,00 €

2. Financiarase integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia para as actuacións en parques nacionais con cargo ao Plan de recuperación transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente C.4 Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, liña de investimento I2 Conservación da biodiversidade terrestre e mariña.

3. Esta dotación inicial poderá ser modificada e/ou incrementada con achegas adicionais sen nova convocatoria tras a oportuna tramitación orzamentaria en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. A distribución de fondos establecida para cada anualidade na aplicación orzamentaria sinalada é unha previsión que deberá axustarse logo da valoración das solicitudes da axuda, sen incrementar o crédito total.

Artigo 6. Réxime e principios de aplicación

1. As axudas previstas nesta orde outorgaranse de conformidade cos criterios de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, atendendo a criterios de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e á eficiencia na asignación e emprego dos recursos públicos, segundo o establecido no artigo 8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. Conforme o anterior e ao recollido no artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmaot.xunta.gal/axudas-e-subvencions).

Artigo 7. Ámbito territorial

A área ocupada polos concellos que teñen parte da súa superficie no Parque Nacional, é dicir, a superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Artigo 8. Actividades subvencionables

1. Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional referidos a:

a) Iniciativas públicas desenvoltas por concellos que supoñan actuacións efectivas de conservación da biodiversidade e que supoñan un mínimo de 35 hectáreas de mellora. As actuacións subvencionables serán do tipo: realización de actuacións de conservación de hábitats terrestres e especies, restauración de ecosistemas degradados, de conservación da biodiversidade, así como actuacións de eliminación e control de especies exóticas invasoras.

b) Iniciativas públicas, de entidades diferentes de concellos, tendentes á modernización das infraestruturas urbanas, periurbanas e rurais destinadas ao uso xeral, así como á diversificación e mellora dos servizos prestados pola Administración local, cando garden unha relación directa coas finalidades e obxectivos que establece a norma da declaración do Parque Nacional ou os seus instrumentos de planificación e que supoñan actuacións efectivas de conservación da biodiversidade.

c) Iniciativas públicas, de entidades diferentes de concellos, ou privadas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, sempre que presenten un manifesto valor ecolóxico. As actuacións subvencionables serán do tipo: actuación de conservación de hábitats terrestres e mariños e de especies, restauración de ecosistemas degradados, de conservación da biodiversidade, así como actuacións de eliminación e control de especies exóticas invasoras.

d) Iniciativas públicas, de entidades diferentes de concellos, ou privadas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do Parque Nacional, incluído o impacto visual sobre a percepción estética deste ocasionado por infraestruturas preexistentes. As actuacións subvencionables, dentro do perímetro do Parque Nacional, serán do tipo de: soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas, puntos limpos e outras semellantes.

e) Iniciativas públicas, de entidades diferentes de concellos, ou privadas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais, en materia de conservación da biodiversidade.

f) Iniciativas públicas, de entidades diferentes de concellos, ou privadas destinadas á conservación ou á restauración do patrimonio arquitectónico, así como aquelas que contribúan á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cultural a escala local e que sirvan para a difusión, a información a visitantes, ao uso público e mesmo actividades de xestión do medio natural. As actuacións subvencionables serán do tipo de: recuperación de hórreos, fornos comunais e outras semellantes.

g) Iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co Parque Nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais, que conten con algún tipo de selo ou acreditación que declare a súa procedencia de prácticas compatibles coa conservación da biodiversidade. As actuacións subvencionables serán do tipo de: empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo-educativo, promoción de actividades fóra da tempada alta e outras semellantes.

h) Iniciativas privadas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional dos edificios que constitúen a primeira residencia das persoas propietarias, que teñen un uso directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario e que estean asociados á xestión da biodiversidade, á difusión ou ao uso público como adaptación de cubertas, arranxo de construcións anexas ou acadar as condicións exixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do Parque Nacional e que teñen unha antigüidade de máis de 50 anos, cuxo uso estea directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario ou constitúan a primeira residencia das súas persoas propietarias, ou sexan utilizados polas persoas titulares dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010 que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons, e que estean ao día das obrigas derivadas da súa concesión.

i) Iniciativas privadas orientadas á divulgación dos valores e da importancia dos parques nacionais entre amplos sectores da sociedade local.

j) Iniciativas privadas destinadas á formación da poboación local en tarefas relacionadas coa xestión dos parques nacionais e á conservación da biodiversidade en calquera das súas facetas, coa conservación dos valores naturais e culturais que xustificaron a súa declaración ou co uso sustentable dos recursos naturais renovables.

k) Iniciativas privadas ou iniciativas das universidades ou centros de formación, orientadas á posta en valor ou á recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.

Con carácter xeral, calquera iniciativa pública ou privada expresamente prevista nos plans de desenvolvemento dos parques nacionais de calquera dos concellos que conforman a súa área de influencia socioeconómica, que teña relación coa conservación da biodiversidade, coa difusión e co uso público do medio natural e que supoñan actuacións efectivas de conservación da biodiversidade.

Todas as accións, obras ou traballos deberán estar situados dentro do perímetro do Parque Nacional ou da zona de influencia socioeconómica, e terán prioridade as accións que se realicen dentro do perímetro do Parque sobre aquelas que estean fóra.

2. Cada persoa solicitante unicamente poderá presentar unha solicitude de axuda, especificando claramente o grupo do número 1 do presente artigo a que pertencen as actuacións para as que solicita a axuda.

3. Ao abeiro do disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, considéranse gastos subvencionables, para os efectos previstos na citada lei, aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido polas diferentes bases reguladoras das subvencións. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

1º. Os gastos deberán estar a nome da beneficiaria.

2º. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado pola convocatoria da subvención.

3º. Con carácter xeral, as actuacións para as que se solicita a axuda non poderán estar iniciadas con anterioridade á presentación da solicitude. A DXPN levará a cabo unha inspección de campo para comprobar este aspecto antes da concesión da axuda.

Non precisarán a comprobación previa a que fai referencia na epígrafe anterior aquelas accións que non teñan natureza de investimento, como inventarios, campañas anuais de avaliación e seguimento do estado de conservación dos hábitats, estudos de valoración e pagamento por servizos ecosistémicos, etc.

Nestes supostos, o non inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable (anexo V) de que as actuacións solicitadas non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.

Non serán admisibles os gastos efectuados con anterioridade á data de emisión da acta de non inicio ou da presentación da declaración responsable recollidas neste artigo.

4º. A axuda poderá aplicarse, segundo o recollido no punto 12 do anexo IV do Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, do 9 de xullo de 2021, aos seguintes custos de persoal:

a) O 100 % do custo laboral do persoal contratado con exclusividade e especificamente para a realización das actividades obxecto da axuda e así quede patente no seu contrato laboral.

b) O custo do resto do persoal da beneficiaria será financiable en función da porcentaxe de dedicación ao proxecto.

c) En xeral, estes gastos xustificaranse mediante a presentación das nóminas, seguros sociais e os seus respectivos xustificantes de pagamento, así como unha certificación asinada pola persoa responsable legal indicando a porcentaxe de dedicación asumida por cada unha das persoas traballadoras con imputación ao proxecto, que acredite que estes non son gastos recorrentes da entidade. No caso de persoal imputado ao 100 % ao proxecto, debe presentarse tamén o seu contrato laboral.

d) Dentro desta partida de gasto poderanse imputar igualmente persoas traballadoras autónomas economicamente dependentes (TRADE). Igual que no resto do persoal, será financiable o 100 % do seu custo se a súa dedicación é exclusiva ao proxecto e así queda reflectido de forma explícita no seu contrato. No resto de casos, será financiable en función do tanto por cento de dedicación. Este tipo de gastos xustificaranse mediante a achega de contrato, factura xunto ao seu correspondente xustificante de pagamento, modelo 130 para os que se atopen en estimación directa, e o recibo de pagamento da cota de autónomos/as.

e) Os custos de persoal non poderán superar os custos máximos anuais por grupo de cotización que se establecen no seguinte cadro:

Grupo de cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual (salario bruto + Seguridade Social a cargo da empresa)

1

Persoal enxeñeiro/persoal licenciado/persoal de alta dirección

45.000 €

2

Persoal enxeñeiro técnico, peritos/as e persoal axudante titulado ou diplomado

39.375 €

3

Xefes/as administrativos/as e de taller (persoal técnico especialista)

31.500 €

4

Persoal axudante non titulado

25.875 €

5

Oficiais administrativos/as

25.875 €

6

Persoal subalterno

25.875 €

7

Persoal auxiliar administrativo

25.875 €

8

Oficiais de primeira e segunda

20.250 €

9

Resto de oficiais

20.250 €

10

Peoas/peóns

20.250 €

11

Persoal traballador menor de 18 anos

20.250 €

f) A axuda poderá aplicarse aos seguintes custos de asistencias externas:

– Os servizos externos que, sendo necesarios para a execución do proxecto, a beneficiaria non poida realizar por si mesma.

– Aqueles servizos externos contratados cuxo obxecto coincide co obxecto da axuda ou que, podendo ser realizados pola beneficiaria, se externalicen, consideraranse subcontratacións e estarán suxeitos aos límites establecidos no artigo 10 destas bases reguladoras.

– Serán financiables mediante a presentación da correspondente factura ou documento acreditativo do gasto e o seu respectivo xustificante de pagamento.

g) A axuda poderá aplicarse aos seguintes custos de material funxible:

– Aqueles gastos de material funxible adquirido sempre que este estea directamente vencellado á actividade obxecto da axuda.

– Así mesmo, terán consideración de funxible aqueles materiais adquiridos cuxo período de vida útil non supere o cronograma de execución aprobado para o proxecto e así quede xustificado pola beneficiaria.

4. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos de adquisición de edificios nin terreos, nin os gastos xerais de funcionamento ou equipamento das persoas solicitantes, senón os propios do desenvolvemento das actividades e actuacións obxecto das axudas.

b) Os gastos correntes dos concellos. As solicitudes conxuntas de concellos que non acrediten a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actividades independentes en cada entidade local serán excluídas ou non admitidas a trámite.

c) Tampouco terán a consideración de custos indirectos imputables a estas axudas os gastos xerais de constitución, mantemento, funcionamento ou estrutura permanente ou habitual das entidades beneficiarias das actuacións.

d) O IVE non é subvencionable.

5. Importe e intensidade da axuda

Subvencionarase o 100 % do investimento subvencionable:

a) No caso de concellos, ata un importe máximo de axuda de 100.000 €.

b) No caso de particulares e institucións sen fins de lucro, ata un importe máximo de axuda de 75.000 € para centros especiais de emprego, e un máximo de 15.000 € no resto dos casos.

c) No caso de entidades empresariais, ata un importe máximo de axuda de 75.000 € no caso de empresas de inserción laboral (EIL) e de centros especiais de emprego, e un máximo de 15.000 no resto dos casos

Artigo 9. Réxime de compatibilidade

1. A axuda concedida no marco desta orde poderase sumar á proporcionada conforme outros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo e, en todo caso, de conformidade co disposto no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

2. Cando as destinatarias finais dos fondos sexan entidades xurídicas privadas, será de aplicación a normativa comunitaria en materia de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 a 109 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3. A suma de todas as axudas, ingresos ou recursos destinados ao mesmo fin, en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadas ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, superen o custo total da actividade obxecto da axuda.

4. Tanto na solicitude da axuda (anexo I) como na solicitude de anticipo (anexo VII) e de pagamento (anexo VIII), a beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do seu importe e a súa procedencia.

5. A DXPN comprobará a concesión de subvencións e axudas ao solicitante e se está inhabilitado para a súa obtención.

Artigo 10. Subcontratación

1. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, permitirase a subcontratación de ata o 100 % da actividade obxecto da subvención.

2. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade obxecto da axuda, non acheguen valor engadido ao contido desta.

3. Cando o gasto subvencionable supere os 40.000 €, no caso de obras, ou 15.000 € no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, logo da xustificación destas contías, a persoa solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes persoas que teñan a condición de provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que se achegaran xunto coa solicitude de axuda (anexo I), realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

4. En cumprimento do artigo 27.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o devandito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que se garanta a aplicación dos principios de publicidade e concorrencia.

b) Que o contrato se subscriba por escrito.

c) Que a súa subscrición sexa autorizada previamente pola DXPN.

5. Os/as subcontratistas quedarán obrigados/as só ante a beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade obxecto da axuda fronte á DXPN.

6. As beneficiarias serán responsables de que na execución da actividade obxecto da axuda subcontratada a terceiros se respecten os límites establecidos en canto á natureza e contía dos gastos financiables.

7. En ningún caso a beneficiaria poderá subcontratar a execución parcial das actividades obxecto da axuda con aquelas persoas ou entidades que se atopen nas circunstancias previstas no artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e artigo 68.2 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. No referente á subcontratación con persoas ou entidades vencelladas prevista no artigo 29.7.d) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, será obrigatorio dispor da autorización expresa previa da DXPN.

9. Os subcontratistas deberán estar correctamente identificados e informarán a DXPN do seu NIF, nome da persoa física ou razón social da persoa xurídica e o seu domicilio fiscal.

10. Igualmente, deberá achegarse á DXPN un exemplar asinado polo subcontratista do anexo II, Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversales establecidos no PRTR e III, Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas, incluídos na presente orde de axudas.

11. Os subcontratistas deberán cumprir co principio de «non causar dano significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

Artigo 11. Indicadores

1. O documento descritivo das actuacións, requisitos e custos do compoñente C4 establece, para a liña de inversión C4.I2, Conservación da biodiversidade terrestre e mariña, o obxectivo 69, Actuacións de conservación da biodiversidade, cun indicador de cumprimento consistente en acadar polo menos 50.000 hectáreas cubertas por actuacións efectivas de conservación da biodiversidade para o mes de xuño do ano 2026.

2. No caso das subvencións para as áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais asignáronse 5.500 hectáreas como indicador de cumprimento. Polo tanto, no mes de xuño do ano 2026, cada comunidade autónoma deberá ter completado nas áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais as hectáreas de actuacións de conservación da biodiversidade, que para o caso de Galicia é de 183 hectáreas.

3. Non obstante, e considerando que os anexos I, III e IV do Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, do 9 de xullo de 2021, tamén contribúen e cuantifican valores de cumprimento deste mesmo indicador, admítese a posibilidade de considerar a súa consecución de maneira conxunta por cada comunidade autónoma, sempre que cada unha delas acredite a execución de, polo menos, a metade das hectáreas do indicador de cumprimento que se lle asignase cos fondos previstos no anexo II, isto é a metade das 183 hectáreas.

4. Conforme o indicado nas bases reguladoras do citado anexo II do Acordo da Conferencia Sectorial, deben establecerse mecanismos que aseguren que as medidas que vaian desenvolver as beneficiarias contribúen ao logro dos obxectivos e condicións previstas e que achegan a información que, de ser o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores. O financiamento ás beneficiarias estará vencellado ao logro dos obxectivos que se perseguen.

5. As actuacións que contribúan ao cumprimento do indicador descrito verificaranse coa emisión do informe técnico recollido no artigo 27.6.c).ii. Así, a beneficiaria terá que achegar a medición detallada da superficie asociada ás actuacións efectivas de conservación da biodiversidade que se alcanzou a través da subvención.

6. Estableceranse diferentes fitos de control da execución do orzamento para os efectos de poder valorar o grao de execución correspondente. Será a Comunidade Autónoma a responsable da recompilación e valoración da documentación e da información presentada polos destinatarios finais, para comprobar a adecuación dos proxectos ás condicións de financiamento, así como da elaboración e do envío dos informes ao OAPN, no formato que este órgano estableza.

Artigo 12. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de subvención realizaranse cubrindo correctamente o modelo que figura no anexo I, dirixiranse á DXPN e irán acompañadas, se for o caso, da documentación administrativa e técnica que se especifica no artigo 13.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira estar colexiado obrigatoriamente, persoas traballadoras autónomas, o estudantado universitario e as persoas representantes dalgunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo de presentación de solicitudes de axuda é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

4. Consonte o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos sinalados, requirirase á persoa interesada que nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Artigo 13. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberan achegar coa solicitude a seguinte documentación.

1. Para toda persoa interesada:

a) Acreditación da representación da persoa solicitante por calquera medio válido en dereito, se procede.

b) Memoria descritiva da finalidade para a cal se solicita a axuda, en que se incluirá a argumentación técnica que xustifique que se cumpre o principio DNSH. Conterá, como mínimo, a descrición dos traballos ou actividades, os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, orzamento detallado co IVE desagregado, prazo aproximado de execución e calendario, tendo en conta que as actividades subvencionables deben comezar no presente exercicio 2022 e rematar no exercicio 2023. Este calendario de execución é orientativo, xa que quedará condicionado ás anualidades que se determinen na resolución de aprobación. Conterá, así mesmo, o número de hectáreas previstas de mellora, nas actuacións de conservación da biodiversidade.

c) Tres ofertas de diferentes persoas que teñan a condición de provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministre ou preste, no caso en que o gasto subvencionable supere os 40.000 €, no caso de obras, ou 15.000 €, no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1º. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor do mercado.

2º. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.

3º. En ningún caso poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a contía deste e eludir o cumprimento dos requisitos de contratación e subcontratación establecidos nestas bases.

4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

5º. Non poderán proceder de empresas vencelladas entre elas nin coa solicitante, nos termos establecidos pola lexislación de contratos do sector público.

6º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

7º. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

8º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que, polas súas características especiais, non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

9º. Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto c).

d) No caso de que a actuación se localice nun lugar concreto, achegarase un plano de situación e detalle desta, sen prexuízo dos demais planos de detalle que exixa a definición técnica da actuación, así como un arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.

e) Se é o caso, acreditación de dispoñer de todas as licenzas e autorizacións necesarias para o exercicio da actividade ou de estar en trámite de conseguilas.

f) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias deberase presentar:

– Documento que acredite o consentimento de todas as persoas copropietarias.

– Representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

g) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluíndo o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo II), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño e execución das actuacións.

h) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR (anexo III).

i) No caso de que a solicitante non sexa titular da propiedade onde se teña previsto executar as actuacións, certificación da persoa titular ou titulares da súa dispoñibilidade (anexo IV).

j) Se é o caso, a declaración responsable (anexo V) recollida no artigo 8.3.3º desta orde en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.

k) No caso de que as beneficiarias desenvolvan actividades económicas, acreditarán a súa inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolvida na data de solicitude da axuda, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

2. Deberase xuntar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza da persoa beneficiaria:

a) No caso de concesionarios segundo o Decreto de concesións da Illa de Ons, escrito que exprese a dita condición.

b) No caso de persoas arrendatarias, documento que acredite a condición, así como manifestación do consentimento, coñecemento ou non oposición pola persoa propietaria das obras, de acordo co disposto no artigo 30 da Lei 29/1994 de arrendamentos urbanos.

c) Para entidades locais, privadas e institucións sen ánimo de lucro, documento acreditativo do acordo adoptado pola entidade para efectuar a solicitude de subvención, así como da representación das persoas que a subscriban.

d) No caso de asociacións, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar as axudas, e certificación do concello, ou documento semellante, que acredite que máis do 50 % das persoas que teñen a condición de socias residen nalgún dos concellos do Parque Nacional.

e) Para institucións sen ánimo de lucro (fundacións e asociacións): copia dos seus estatutos.

f) No caso de empresas ou autónomos/as: acreditación de posuír a sede social nalgún concello do Parque Nacional.

g) No caso de comunidades de bens, declaración responsable sobre o importe do investimento que se aplicará para cada unha das persoas membro da agrupación expresada en forma de porcentaxe sobre o total, e identificación de cada unha das persoas integrantes mediante o DNI.

h) No caso de empresas de inserción laboral (EIL) e centros especiais de emprego, documento acreditativo da devandita condición.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

1º. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

2º. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3º. As solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola solicitante, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4º. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5º. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6º. A DXPN poderá requirir motivadamente, consonte prevé o artigo 28 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, calquera documentación aclaratoria necesaria en relación coas subvencións que se van outorgar, que considere conveniente.

Artigo 14. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a interesada se opoña á súa consulta:

a. DNI ou NIE da persoa solicitante.

b. DNI ou NIE da persoa representante.

c. Certificado de empadroamento da persoa solicitante.

d. Titularidade do terreo da persoa solicitante no catastro.

e. Titularidade dunha concesión segundo o Decreto 174/2010, relativo ás concesións da Illa de Ons.

f. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

h. Certificado de inscrición da institución sen ánimo de lucro, no rexistro público correspondente.

i. Certificado de inscrición no Rexistro de Asociacións.

j. Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k. Consulta de concesión de subvencións e axudas.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta de:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da entidade representante.

c) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Alta no IAE.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 15. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario de inicio. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Instrución do procedemento de concesión de subvencións

1. Conforme o establecido no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR, as persoas que interveñan no proceso de selección das persoas beneficiarias ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións, manifestarán, de forma expresa, a ausencia ou non de conflito de intereses a través dunha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), de acordo co modelo establecido na dita orde.

No caso de que concorra conflito de intereses, a persoa afectada concretará as solicitudes sobre as que recae o dito conflito, debendo absterse de intervir na súa selección co fin de mitigar os riscos de materialización deste conflito.

2. A instrución das axudas recollidas no artigo 8 da presente orde efectuaraa a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

3. No proceso de instrución darase traslado das solicitudes recibidas á Comisión de Valoración, que elaborará unha proposta de concesión das axudas, tendo en conta o informe emitido pola Dirección do Parque Nacional.

4. Cumpridos os trámites anteriores, elevaranse as correspondentes propostas de resolución á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, quen resolverá.

5. A proposta de resolución, conforme os criterios contidos no artigo 4 e as dispoñibilidades orzamentarias, fará mención das solicitantes para as cales se propón a concesión de subvención e da contía desta de modo individualizado, especificando a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 18. Inspección

O persoal funcionario do Parque Nacional realizará unha inspección de campo para comprobar os datos da solicitude, comprobar a viabilidade dos traballos e verificar, de ser o caso, as superficies e que os traballos non estean executados. Na inspección de campo comprobarase a compatibilidade do proxecto cos instrumentos de xestión do Parque e co mantemento dos valores que xustificaron a declaración do espazo como Parque Nacional. Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación da axuda.

Artigo 19. Resolución e notificación

1. O prazo máximo para resolver será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Consonte o establecido no artigo 25 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se dite a resolución expresa, os/as solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude nos termos previstos no artigo 25.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, de acordo co disposto no artigo 42.1 do mencionado texto legal.

2. As solicitudes de axudas serán resoltas pola persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

3. A resolución do procedemento notificarase de forma individual aos/ás adxudicatarios/as. Na notificación indicarase a persoa ou entidade beneficiaria, a cantidade concedida, o prazo de execución e a xustificación, así como a finalidade ou finalidades da subvención e o programa e crédito orzamentario a que se imputen.

4. O prazo de execución non comezará ata a notificación ao interesado da resolución de concesión da axuda.

5. A resolución ditada, segundo o disposto no punto 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 116 e 117 da Lei 29/1998, da xurisdición contencioso-administrativa.

6. A administración velará porque na notificación de concesión da axuda se informen as beneficiarias de que a medida se subvenciona en virtude dos fondos relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade, do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia, igualmente, das súas responsabilidades de publicidade segundo o establecido no artigo 26 desta orde.

Artigo 20. Modificación da resolución

1. Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

2. Durante a execución das actuacións non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se concedeu a axuda que supoña o incremento do seu importe nin a inclusión de novos elementos ou gastos.

3. Sen necesidade de instar o procedemento de modificación da resolución, a DXPN poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 15 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúe as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

Artigo 21. Recursos

1. A resolución ditada porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa conforme dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para a interposición de recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso. Transcorrido o devandito prazo, unicamente poderá interporse recurso contencioso-administrativo sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, a solicitante poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun mes. Contra a resolución dun recurso de reposición non poderá interporse de novo o dito recurso.

4. Poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución é expresa.

Artigo 22. Anticipos e garantías

1. Poderase solicitar o aboamento dun único pagamento anticipado (anexo VII) de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.

2. Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada nos casos en que o gasto aínda non estea realizado. Este pagamento quedará suxeito ás seguintes condicións:

a) O importe do anticipo non poderá superar o da anualidade prevista para o exercicio orzamentario 2022.

b) A beneficiaria deberá solicitalo por escrito ante a DXPN nun prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda.

c) No caso de que se solicite este anticipo, as beneficiarias quedan obrigadas a constituír unha garantía polo importe solicitado:

1º No caso de que a solicitante sexa un concello ou outra Administración pública, xunto coa solicitude de anticipo deberán presentar a garantía escrita da presidencia da alcaldía polo 110 % do importe anticipado.

2º. Para o resto de beneficiarias, xunto coa copia da garantía ou aval bancario, requirirase a presentación do xustificante de constitución dalgunha das garantías en calquera das modalidades aceptadas pola Caixa Xeral de Depósitos nos termos previstos no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que deberá estar á disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e cubrir o 110 % da cantidade que se vai a abonar.

3º. En virtude do establecido na Orde do 23 de marzo de 2008 pola que se regulan os procedementos para a presentación de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e para a súa devolución (DOG núm. 115, do 16 de xuño), as persoas ou entidades que precisen constituír unha garantía en documento de aval na Caixa Xeral de Depósitos poderán empregar o procedemento telemático que se regula na citada orde.

d) Non hai exoneracións para a petición desta garantía bancaria, excepto para aqueles proxectos cuxa contía sexa inferior aos 18.000 €, conforme o establecido na letra i) do artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

e) A garantía estará en vigor ata que a DXPN autorice a súa cancelación ou devolución nas condicións descritas no artigo 63 do Regulamento (UE) 1305/2013.

f) A contía do anticipo terase en conta á hora de facer liquidacións parciais.

g) No caso de que se acorde o reintegro polo órgano competente e, por instancia deste, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda executará as garantías constituídas ao seu favor.

h) As beneficiarias dos anticipos deberán estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

i) Así mesmo e de acordo co establecido no artigo 61.3 da Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, as destinatarias destes anticipos tamén deberán estar ao día no pagamento das obrigas de reembolso de calquera outro anticipo concedido anteriormente con cargo aos créditos especificamente consignados para a xestión de fondos europeos nos orzamentos xerais do Estado.

Artigo 23. Renuncia

De renunciar á subvención concedida, a persoa ou entidade beneficiaria, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificalo á DXPN segundo o anexo VI desta orde. Se non o fai así no prazo indicado, entenderase que acepta a axuda.

No caso de renuncias por parte das beneficiarias, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que cumpran cos requisitos para beneficiarse das axudas e que a súa solicitude obtivera puntuación suficiente en aplicación dos criterios de valoración.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Propiedade intelectual

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida nos traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual e respectando, en todo caso, as prescricións contidas na normativa de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 26. Publicidade

1. A relación de subvencións concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia con indicación da norma reguladora, beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Igualmente, e de conformidade co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións (BDNS), con posibilidade de acceso da Administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do Mecanismo de recuperación e resiliencia á información contida no Rexistro de Titularidades Reais creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que poidan subministrar os ditos datos sobre titularidades reais, así como de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.

2. A consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen imporse nos correspondentes servizos públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3. b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, transmitirase á BDNS a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

4. A beneficiaria das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida, ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento.

5. As beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de difusión marcadas e mencionar o apoio da Xunta de Galicia e do PRTR, incluíndo unha declaración de financiamento pola Comisión Europea a través do Instrumento europeo de recuperación NextGenerationEU, en toda a información, verbal ou escrita, emitida con ocasión da actividade obxecto de subvención, antes, durante e despois da súa finalización, de acordo co artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

6. Deste xeito, coa condición de que a execución da actividade o permita, deberá exhibirse un panel de tamaño A3 (297x420mm), en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo IX), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo do Xacobeo 21-22 e o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que diga «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do MITECO e do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

Este panel deberá manterse durante todo o período de mantemento do investimento.

7. Cando a beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión a través dos fondos NextGeneration.

Artigo 27. Xustificación e pagamento da actividade

1. A xustificación da subvención efectuarase en dúas anualidades:

Anualidade 2022:

a) No caso de non solicitar anticipo, a beneficiaria deberá solicitar o pagamento da anualidade correspondente ao ano 2022 (anexo VIII) unha vez executada e xustificada a actividade correspondente. A data límite de execución e xustificación da dita anualidade é o 30 de novembro de 2022.

b) Para a anualidade de 2022 só se admitirán aqueles gastos efectivamente realizados e pagados desde a data de emisión da acta de non inicio ou, se é o caso, da presentación da declaración responsable do anexo V.

c) No caso das beneficiarias que solicitasen o anticipo, todas as actuacións deberán estar executadas e pagadas con data límite do 30 de novembro de 2022, aínda que poderán presentar a xustificación do importe anticipado na data establecida para a anualidade 2023 xunto á xustificación final.

Anualidade 2023:

a) Unha vez executada e xustificada a actividade correspondente ao ano 2023 solicitarase o pagamento da segunda anualidade (anexo VIII). A data límite de execución e xustificación da dita anualidade é o 3 de novembro de 2023.

b) Só será subvencionable o gasto realizado que fose efectivamente pagado con data límite do 29 de setembro de 2023.

2. Estes prazos serán, en todo caso, improrrogables.

3. O servizo técnico do órgano xestor do Parque Nacional deberá certificar, que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada. Logo desta certificación poderá tramitarse o pagamento das axudas.

4. O pagamento da subvención realizarase logo da xustificación pola persoa beneficiaria da realización da actividade, da execución do proxecto ou investimento ou da consecución do obxectivo para o cal se concedeu, de forma que a súa falta de xustificación ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas na normativa en materia de subvencións determinará a perda do dereito ao cobramento.

5. O incumprimento do prazo ou das obrigas previstas na presente orde producirá a perda total ou parcial das axudas recibidas, debendo a persoa beneficiaria reintegrar á Administración a cantidade que percibise cos xuros que correspondan, sen prexuízo da posible incoación do correspondente procedemento sancionador cando os feitos motivadores do reintegro constitúan infracción administrativa.

6. Para realizar o pagamento, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) No caso de entidades locais, certificación da Secretaría conforme cada licitación realizada no marco destas axudas cumpre a normativa comunitaria e nacional en materia de contratación.

b) No caso de que a elección da oferta non recaia na proposta económica máis vantaxosa, deberá presentarse unha memoria en que se xustifique expresamente a devandita elección.

c) Unha memoria técnica de actuacións, xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, coa descrición das actividades realizadas e dos resultados obtidos en que se describirá o proxecto implantado, incluída a argumentación técnica que xustifique que se cumpre o principio DNSH. Deberá achegar:

i. Evidencia mediante material gráfico.

ii. Informe técnico, de ser o caso, en que se recolla como as actuacións executadas contribúen ao cumprimento do indicador de superficie (ha) coa medición detallada da superficie de actuacións efectivas de conservación da biodiversidade que se alcanzou a través da axuda con respecto á superficie prevista inicialmente, con planos de localización e de detalle así como un arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie de actuación finalmente executada.

iii. Xustificación da vinculación dos gastos á actividade subvencionada.

d) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, indicando:

i. Número da factura e data ou outro documento de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil, contrato, nómina, etc.

ii. Persoas ou entidades provedoras: nome ou razón social e NIF.

iii. Importe da factura (IVE excluído) e porcentaxe de imputación á subvención.

iv. Actuación a que corresponde: descrición dos bens ou servizos proporcionados.

v. Forma de pagamento.

vi. Data de pagamento.

A listaxe totalizarase para cada unha das actuacións recollidas na correspondente resolución de concesión e incluirá unha comparación deste total coa cantidade recollida, polo mesmo concepto, na resolución de concesión.

e) No caso de que a actuación non teña natureza de investimento como no caso da formación, capacitación, inventarios, campañas anuais de avaliación e seguimento do estado de conservación dos hábitats, estudos de valoración e pagamento por servizos ecosistémicos, etc., a solicitude de pagamento (anexo VIII) tamén deberá acompañarse dunha memoria explicativa que conteña, como mínimo, a descrición e finalidade da actuación. No caso de actividades formativas e divulgativas detallaranse, como mínimo, as datas, a localidade, o número de participantes, incluíndo evidencia mediante material gráfico. No caso no que o obxecto da axuda sexa a elaboración de material divulgativo, describiranse os contidos, o tipo de material elaborado, desagregaranse os custos, e incluirase unha copia dixital do material producido. Todas as accións formativas, divulgativas e de sensibilización deberán estar libres de mensaxes que reproduzan estereotipos de xénero.

f) No caso de particulares que realicen os traballos subvencionados con medios propios, cando non existan facturas polos traballos realizados, os gastos xustificaranse mediante declaración responsable en que consten claramente os custos soportados, segundo o orzamento que se achegase coa solicitude de axuda e que servise de base para a súa concesión. No caso da prestación de servizos de investigación e profesionais, a xustificación farase mediante declaración responsable realizada pola persoa solicitante, en que conste a valoración económica do servizo realizado, sobre a base do prezo de mercado para unha actividade igual ou similar á prestada.

g) No caso de non presentalas con anterioridade, deberán presentarse as diferentes licenzas e/ou autorizacións para a realización das actuacións subvencionadas exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vencelladas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación.

h) No caso de concellos ou entidades de dereito público, a xustificación das actuacións realizarase conforme o establecido no artigo 28.5 da Lei xeral de subvencións de Galicia.

7. O órgano instrutor poderá requirir as beneficiarias a remisión dos xustificantes de gasto con base en técnicas de mostraxe, e, para estes efectos, comprobarase un mínimo do 20 % dos expedientes.

Este mesmo requirimento será aplicable cando das comprobacións realizadas non se consiga evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda.

8. As facturas deberán conter información suficiente como para permitir relacionalas co gasto xustificado.

9. A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse de forma electrónica, sempre que se cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito da Administración tributaria.

10. Os xustificantes de gasto presentados deberán especificar a subvención para cuxa xustificación foron presentados e se o importe xustificado se imputa total ou parcialmente a esta, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención. Isto poderase facer mediante copia de documentos orixinais selados ou ben mediante a inclusión no concepto do gasto da información relativa á subvención.

11. Documentación xustificativa do pagamento, conforme foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, mediante a presentación do xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante.

Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o importe da factura e a súa data de pagamento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo da entidade provedora, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación destas, asinada polo/a representante legal.

A DXPN poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

12. A beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 13.4 para a presentación da documentación complementaria á solicitude.

13. No caso de execucións parciais da actividade, e coa condición de que non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Neste caso de execución parcial, a porcentaxe mínima de execución do proxecto non poderá ser inferior ao 70 % dos custos da actuación subvencionada. Por outra banda, se executada a actividade, o custo xustificado da actividade ou investimento fose inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.

O órgano instrutor deberá certificar, despois da inspección in situ realizada, de ser o caso, que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada, incluíndo o cumprimento do indicador de hectáreas ou a parte proporcional, no caso de que a actuación se realizase só parcialmente.

14.Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presente esta, requirirase a beneficiaria para que, no prazo improrrogable de 10 días, sexa presentada. Se transcorrido este último prazo non se recibe documentación, procederase á liquidación do proxecto.

15. No momento da xustificación do investimento, as beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá presentar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

Artigo 28. Información e control

1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. De tal forma, o órgano instrutor poderá solicitar inspeccións ou visitas nos distintos lugares onde se desenvolven as actividades para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a correcta execución das actividades que foron obxecto das axudas.

2. A beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que debe efectuar a entidade concesionaria, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Segundo o disposto no artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, autorízanse expresamente a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas e, cando proceda, a Fiscalía Europea a exercer plenamente os dereitos que lle recoñece o artigo 129 do Regulamento financeiro (Regulamento UE, Euratom 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018), que establece a condición de que a percepción de fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, estea condicionada a que os perceptores finais se comprometan por escrito a conceder os dereitos e os accesos necesarios para garantir o exercicio das súas competencias.

3. En todo caso, as subvencións reguladas nesta orde estarán sometidas ao seguimento, control e avaliación que se estableza para o PRTR, así como as obrigas específicas relativas á información e publicidade, control, verificación, seguimento, avaliación e demais obrigas impostas pola normativa interna e da Unión Europea que se establezan para o Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE e cuxa aplicación sexa de obrigado cumprimento.

4. De maneira xeral na execución dos investimentos, as comunidades autónomas e demais beneficiarios últimos dos fondos procedentes do plan, así como contratistas e subcontratistas, se é ocaso, terán que cumprir coa normativa europea e nacional que lles resulte aplicable e, en particular, coas obrigas que derivan do Regulamento do MRR, especialmente en materia de etiquetaxe dixital e verde, principio de non causar dano significativo, evitar conflitos de intereses, fraude, corrupción, non concorrencia de dobre financiamento, cumprimento da normativa en materia de axudas de Estado, comunicación, publicación obrigatoria, cando corresponda, na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) e/ou na Plataforma de contratos do sector público (PLACSP) e transferencia de datos, entre outros. Neste sentido, deberán establecerse mecanismos que aseguren que as medidas que vaian desenvolver os beneficiarios finais, no caso de que sexan terceiros, contribúen ao logro dos obxectivos e condicións previstas (incluído o respecto ao principio DNSH e etiquetaxe climática e dixital) e que achegan a información que, se é o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores.

5. Nos casos en que sexa de aplicación, preveranse os mecanismos específicos de verificación e certificación do cumprimento do DNSH que aborden os riscos específicos do investimento, así como a obrigatoriedade do beneficiario de presentar esa acreditación ou tela á disposición da Administración durante un prazo suficiente (polo menos catro anos desde o momento en que vence o prazo para presentar a xustificación por parte das entidades beneficiarias).

6. Así mesmo, nos casos en que sexa de aplicación asegurarase o cumprimento do artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, que regula a identificación do perceptor final de fondos: beneficiarios das axudas, contratistas e subcontratistas, cuxa información deberá estar dispoñible conforme o artigo 10 da Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro.

7. As beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida, xa sexa a documentación complementaria que os órganos correspondentes da DXPN poidan exixir durante a tramitación do procedemento, ou a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

8. Con todo, segundo o disposto no artigo 79 do Regulamento da Lei xeral de subvencións, as beneficiarias estarán dispensadas da obriga de presentación de libros, rexistros e documentos de transcendencia contable ou mercantil ou calquera outra documentación xustificativa dos gastos realizados, sen prexuízo da obriga da beneficiaria de conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das correspondentes actuacións de comprobación e control, segundo dispón o artigo 14.1.g) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, así como de calquera outra obriga derivada da normativa estatal ou da Unión Europea que así o exixa.

Neste sentido, é preceptiva a conservación dos documentos xustificativos e demais documentación concernente ao financiamento, en formato electrónico, durante un período de cinco anos a partir do pagamento ou, na falta deste pagamento, da operación, ou de tres anos cando o importe da subvención sexa inferior ou igual a 60.000 euros, nos termos previstos no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Concello, do 12 de febreiro de 2021, e do artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo (Regulamento financeiro).

Artigo 29. Revogación e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o número anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Así mesmo, poderase producir a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda por incumprimento relativo ao principio «Do no significant harm» DNSH, da etiquetaxe verde e dixital ou das súas condicións de cumprimento, relativo aos fitos e obxectivos do PRTR, así como de calquera outro aspecto da normativa vencellada ao PRTR.

4. En todos estes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora producidos en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, de acordo co artigo 7 do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

5. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outras beneficiarias de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

6. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas pola beneficiaria exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade cos xuros de mora correspondentes.

7. En todo caso, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 30. Infraccións e sancións

As beneficiarias das axudas quedarán sometidas ao establecido en materia de reintegros, control financeiro e infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño e ao previsto polas disposicións nacionais e comunitarias en relación co Mecanismo de recuperación e resiliencia e normativa de desenvolvemento.

Artigo 31. Medidas antifraude

A detección de feitos que poidan ter sido constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, tal como se establece no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

Coa finalidade de dar cumprimento ás obrigas que o artigo 22 do Regulamento (UE) 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, impón a España en relación coa protección dos intereses financeiros da Unión como beneficiario dos fondos do MRR, as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla como entidades executoras deberán dispor dun plan de medidas antifraude que lles permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, os fondos correspondentes se utilizaron de conformidade coas normas aplicables, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, segundo o estipulado no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro. Configúranse como actuacións obrigatorias para os órganos xestores, a avaliación de risco de fraude, cubrir a declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) e a dispoñibilidade dun procedemento para abordar conflitos de intereses. Así mesmo, o Plan de medidas antifraude deberá cumprir cos requirimentos mínimos establecidos no artigo 6.5 da Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, e o recollido no Plan xeral de prevención de riscos de xestión para a execución dos fondos NextGeneration en Galicia, do 10 de decembro de 2021, do Consello da Xunta de Galicia.

O 29 de decembro de 2021 aprobouse o Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Disposición adicional primeira

1. As axudas a empresas e particulares que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352/1, do 24.12.2013), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 200.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime, durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias indicadas nos números 2.2 e 2.3 do artigo 2 da presente orde deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio en curso.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

Disposición derradeira primeira. Delegación de funcións

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural a actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da DXPN as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da DXPN para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Cartel

missing image file

Nota: O logotipo da empresa executora pódese incluír pero non pode estar a carón do logo da Unión Europea. O logo non pode superar o tamaño do da Unión Europea.

Dimensións aproximadas do panel: A3 (altura 297 mm, largura 420 mm). Ten que localizarse nun lugar visible durante todo o período de mantemento do investimento.

Publicidade en medios de comunicación ou soporte dixital.

1. No suposto de publicidade en medios de comunicación deberá incluírse o emblema oficial da Xunta de Galicia, o do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e o dos Fondos NextGeneration. Os logos do PRTR e dos Fondos están dispoñibles na Web https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

missing image file

2. En páxinas web de uso profesional, deberase incluír unha descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea a través dos fondos NextGeneration.