Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 27 de xuño de 2022 Páx. 36363

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se amplía o crédito da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN541A).

A través da Orde do 27 de decembro de 2021 (DOG núm. 17, do 26.1.2022), convocáronse para o ano 2022 as subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 27 de decembro de 2021, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinarán unhas contías, con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.732A.760.1, de 750.000,00 euros para a anualidade 2022 e de 750.000,00 euros para a anualidade 2023, e prevese a posibilidade de incrementar tales cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non implica a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 06.02.732A.760.1, Axudas para a creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe total de 180.000,00 euros, 90.000,00 euros na anualidade 2022 e 90.000,00 euros na anualidade 2023.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Modifícase o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación do 27 de decembro de 2021, no referente ao crédito orzamentario destinado, incrementándoo en 180.000,00 euros, de maneira que a anualidade 2022 pasa de 750.000,00 euros a 840.000,00 euros, a anualidade 2023 de 750.000,00 euros a 840.000,00 euros, e a cantidade total das dúas anualidades pasa de 1.500.000,00 euros a 1.680.000,00 euros.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

Francisco Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación