BDNS (Identif.): 635153.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
a) As asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal.
b) As federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
A incentivación da demanda comercial e o incremento das vendas do comercio retallista a través do tícket de dinamización comercial.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Destínanse 500.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.781.1.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación