En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.
Denominación: instalación de reconectador TC no apoio núm. D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805.
Situación: lugar do Monte de San Martiño, concello de Cartelle.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución dos apoios núms. D23-52-1 e D23-52-2 da LMTA CAS805, de tipo HV, por apoios de celosía metálica, coa instalación de reconectador TC sobre o primeiro dos apoios citados, e o desmonte de elemento XS existente no D32-52.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 20.10.2021.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentaren as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 1 de xuño de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2022/78-3.
Concello: Cartelle.
Denominación: instalación de reconectador TC no apoio núm. D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805.
Predio núm. en proxecto: 1.
Lugar: Monte de San Martiño.
Cultivo: matogueira.
Titular: CMVMC de San Martiño.
Afeccións: apoio núm. D23-52-1, cunha superficie de ocupación de 10 m2.
Predio núm. en proxecto: 2.
Lugar: Monte de San Martiño.
Cultivo: matogueira.
Titular: CMVMC de San Martiño.
Afeccións: apoio núm. D23-52-2, cunha superficie de ocupación de 2 m2.