Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de xuño de 2022, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de acondicionamento da AC-224, autoestrada A-9, clave AC/01/064.01, no concello de Ordes, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de acondicionamento da AC-224, autostrada A-9, clave AC/01/064.01, no concello de Ordes.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 2 de xuño de 2022

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesado

Acto que se notifica

AC/01/064.01

19

Ignacio Iglesias López

Trámite de audiencia no expediente de recoñecemento de dereito de cobramento por expropiación núm. LD-208