Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial do Corgo (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia de Lugo, a aprobación inicial do Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial do Corgo (Lugo).

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) (https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais) e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo