Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35690

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (365/2016).

María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Comunidade de Propietarios Terranova de Eirís, nº 20, da Coruña, fronte a Carlota María García Pérez, ditouse sentenza o 7 de xullo de 2016 contra a cal cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días seguintes á súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado con suxeición ao previsto nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

E atopándose a dita demandada, Carlota María García Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza