Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2007/0081_NAA/IPPC_143, outorgada a Cooperativas Orensanas, S.C.G. para o seu centro de procesamento avícola de Santa Cruz de Arrabaldo, concello de Ourense (expediente 2022-IPPC-M-41).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que, por espazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, queda exposta a referida solicitude de modificación substancial, para que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente da modificación substancial: 2022-IPPC-M-41.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0081_NAA/IPPC_143.

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren).

Enderezo da instalación: centro de procesamento avícola (CPA), 32990, Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense.

Resumo da modificación: xestor de valorización enerxética de lodos de depuradora.

Verteduras: a modificación non afecta o caudal nin os límites máximos dos parámetros característicos da vertedura xa autorizada e non supón verteduras novas que haxa que autorizar.