Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convoca a interesada ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo, no concello de Lalín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo, no concello de Lalín, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si ou representada por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 2 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/56-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA LAL803 no Castelo, Cepeiras, Cancelas e Erbo.

Concello: Lalín.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

15

2807407NH320N0001IU

Barreirón-Palmou

Carmen Vilar Madriñán

9 de xuño de 2022

12.00