O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas de niveis non universitarios, prevé no seu artigo 3.2 que nos convenios que a Administración educativa estableza con outras administracións públicas, universidades, institucións, entidades ou empresas públicas ou privadas sen ánimo de lucro, para realizar actividades educativas para o desenvolvemento de programas, unidades ou centros, poderá, de ser o caso, determinarse o sistema de cobertura das prazas que poidan resultar necesarias para o seu cumprimento. A provisión das prazas para cubrir pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizarase a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal, con reserva do posto de traballo de orixe, polo período de tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder os seis anos.
Así mesmo, o artigo 5 do dito decreto establece que se poden cubrir por este mesmo procedemento aquelas prazas que favorezan a elaboración de proxectos, innovacións curriculares ou metodolóxicas, entre as cales existen prazas de recente implantación ou de difícil cobertura polo procedemento ordinario.
Ao ser necesaria a provisión de distintas prazas por mor dos diversos convenios entre a Administración educativa e distintas institucións ou entidades a que se refire o citado artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do dito decreto, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto, que autoriza a persoa titular da consellería para ditar as disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ACORDA:
Artigo 1. Obxecto
Convocar un concurso público de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para adxudicar en comisión de servizos as prazas que figuran no anexo I desta orde.
Artigo 2. Participantes e requisitos
Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira e funcionario en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2021/22 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.
Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia o 31 de agosto de 2022 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.
Así mesmo, tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que se atope na situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e, se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice esta convocatoria tivese transcorrido un ano desde que pasaron a esta situación. Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.
Artigo 3. Solicitudes e documentación
Aínda que concurse a máis dunha praza, o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo II, coa que achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo III para a acreditación dos méritos que alegue. En todo caso, a antigüidade será baremada de oficio pola Administración.
Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal no enderezo web https://www.edu.xunta.es/datospersoais
No caso de que o persoal participante posúa méritos que non consten no seu expediente ou de que estes sexan incorrectos, deberá xerar unha nova solicitude no enderezo web https://www.edu.xunta.es/datospersoais e, xunto cunha copia dos méritos alegados, achegala coa solicitude de participación neste concurso específico.
As persoas concursantes presentarán ademais un proxecto de traballo por cada posto que soliciten, que versará sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes a cada posto, tendo en conta as características destes, cunha extensión máxima de 20 folios por proxecto.
Artigo 4. Lugar e prazo de presentación
O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, utilizando o formulario PR004A, dispoñible na referida sede electrónica.
Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase a renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo de reclamacións á resolución provisional establecido no punto 4 do artigo 6, entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións formuladas.
Artigo 5. Comisión de Selección
1. A selección das persoas aspirantes será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:
Presidencia: o director xeral de Centros e Recursos Humanos ou persoa en quen delegue.
Vogalías: ata un máximo de catro vogais, entre persoal funcionario de carreira que ocupe postos de subdirección xeral ou xefatura de servizo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ou membros da inspección educativa, e o director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou persoa en quen delegue.
Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que actuará como secretario ou secretaria, con voz e sen voto.
A Comisión de Selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración. Ademais, poderá asistir unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na Mesa Sectorial Docente non universitaria, con voz e sen voto.
2. A comisión poderá dispoñer a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coide pertinentes. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear unha persoa representante, con voz e sen voto, para a asistencia ás sesións das subcomisións.
3. Para a valoración dos números 1, 2 e 3 do baremo establecido no anexo III, a Comisión de Selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
4. Os membros da comisión e, de ser o caso, da subcomisión, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, c. de erros do 1 de xuño), e están cualificadas na categoría primeira.
Artigo 6. Procedemento de selección e proposta de nomeamento
1. Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no/nos proxecto/s poderá ser convocado pola Comisión de Selección á celebración dunha entrevista para mellor apreciar as circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto ou proxectos presentados.
2. O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no correspondente proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderá ser proposto pola comisión. Será seleccionado o persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo III para a praza que solicita.
3. No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 1, 3 e 2.
4. Logo de realizada a valoración pola comisión, publicarase no portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal/, a relación provisional de persoas admitidas co baremo provisional dos méritos e a relación provisional de persoas excluídas con indicación da causa da súa exclusión. Contra a relación provisional de persoas admitidas co baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas, as persoas interesadas poderán formular as reclamacións que consideren, no prazo de tres días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, utilizando o formulario PR004A, dispoñible na referida sede electrónica. As reclamacións entenderanse resoltas e notificadas mediante a publicación da resolución definitiva.
5. Rematado o prazo de reclamacións previsto no punto anterior e revisadas as presentadas polas persoas interesadas, a Comisión de Selección emitirá unha proposta de nomeamento dirixida ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Artigo 7. Resolución da convocatoria
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no portal da consellería, http://www.edu.xunta.gal/,
a resolución definitiva do concurso. Contra a resolución da convocatoria, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 8. Toma de posesión
As persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2022 e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.
As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos, por un período dun ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.
Disposición adicional
1. Os requisitos para participar nesta convocatoria e os méritos que aleguen as persoas solicitantes deberán estar referidos á data de finalización do prazo de solicitudes.
2. Todos os méritos que xa consten no expediente do persoal participante non terán que ser xustificados.
3. No que atinxe á antigüidade, non se computarán as fraccións inferiores a un ano.
4. A titulación de grao valorarase como unha titulación de segundo ciclo sempre e cando non sexa a alegada para o ingreso no corpo.
5. As actividades de formación do profesorado realizadas a partir do 23 de maio de 2013 deberán cumprir co establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG nº 96, do 22 de maio).
Disposición derradeira
Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
ANEXO I
Nº posto |
|||||
1 |
Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña) |
||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
FOL |
105 |
1 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Navegacións e Instalacións Mariñas |
109 |
2 |
Nº posto |
|||||
2 |
Escola de especialidades Antonio Escaño-Ferrol (A Coruña) |
||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
FOL |
105 |
1 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Navegacións e Instalacións Mariñas |
109 |
1 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Procesos Sanitarios |
118 |
1 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Sistemas Electrónicos |
124 |
2 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Equipos Electrónicos |
202 |
1 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Máquinas, Servizos e Produción |
210 |
1 |
Nº posto |
|||||
3 |
Convenio: Consellería de Economía, Emprego e Industria |
||||
Destino: Centro Integrado de Formación Profesional Santiago-Santiago de Compostela |
|||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores técnicos de formación profesiona |
591 |
Operacións de Produción Agraria |
216 |
1 |
Nº posto |
|||||
4 |
Convenio: Consellería de Economía, Emprego e Industria |
||||
Destino: Centro Integrado de Formación Profesional Coia-Vigo |
|||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores técnicos de formación profesiona |
591 |
Mecanizado e Mantemento de Máquinas |
211 |
1 |
Nº posto |
||
5 |
Programa específico: Consellería de Política Social |
|
Destino |
Centro Montealegre de Ourense |
|
Praza |
1 praza de mestre/a |
|
Funcións |
Docencia no centro ás persoas internas que, por diversos motivos, non asistan a clase en centros ordinarios. Apoio educativo ás persoas internas que están escolarizadas en centros ordinarios e coordinación cos ditos centros. Apoio educativo ás persoas internas matriculadas en modalidades de educación a distancia. |
|
Requisitos |
Experiencia en educación de adultos e/ou en traballo con persoas con necesidades educativas especiais. Coñecemento de informática en canto á utilización deste tipo de recurso no proceso de ensino-aprendizaxe. |
|
Observacións |
Disponibilidade horaria (xornada partida para adaptarse ás necesidades das persoas internas. |
Nº posto |
||
6 |
Convenio: Aspanae-A Coruña |
|
Destino |
Centros Aspanaes. Santiago de Compostela, Culleredo, A Coruña, Ferrol e As Pontes de García Rodríguez |
|
Prazas |
1 praza de mestre/a ou profesorado de ensino secundario |
|
Funcións |
Coordinación educativa dos centros concertados coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Aspanaes na provincia da Coruña. Traballo en integración social dos/das mozos/as con discapacidade. Actividades axeitadas á súa situación. Realizar e, se é o caso, coordinar as actividades extraescolares dos centros. Traballo en programas de desenvolvemento integral. |
|
Requisitos |
Experiencia en educación especial ou pedagoxía terapéutica. Coñecementos sobre autismo e experiencia con nenos/as autistas. Vehículo propio e carné de conducir. |
|
Observacións |
Horario adaptado ás necesidades. |
Nº posto |
||
7 |
Convenio: Asociación de Pais de Disminuídos Psíquicos-ASPAS |
|
Destino |
ASPAS: Santiago de Compostela |
|
Prazas |
1 praza de mestre/a |
|
Funcións |
Integración social dos/das mozos/as con discapacidade intelectual. A través do traballo, como terapia fundamental, mellorar a situación persoal e a calidade de vida destas persoas con discapacidade. Actividades axeitadas á súa situación. Realizar e, se é o caso, coordinar as actividades escolares e extraescolares do centro. Traballo en programas de desenvolvemento integral. |
|
Requisitos |
Experiencia en educación especial. Especialista en pedagoxía terapéutica ou orientación educativa. |
|
Observacións |
Horario adaptado ás necesidades do centro. |
Nº posto |
||
8 |
Programa específico: Consellería de Sanidade |
|
Destino |
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela |
|
Prazas |
1 praza de mestre/a |
|
Funcións |
Proseguir a formación dos/das nenos/as durante a permanencia no hospital, sen que a actividade docente cause prexuízos ao seu benestar e non obstaculice os tratamentos correspondentes. Manter hábitos de estudo. Coordinación cos centros educativos a que asisten normalmente. Estimular a actividade creativa para evitar o aburrimento. Dar un carácter positivo e contido formativo ao tempo libre e de lecer no hospital. |
|
Requisitos |
Funcionario/a do corpo de mestres/as. |
|
Observacións |
Horario adaptado ás necesidades do centro. |
Nº posto |
||
9 |
Asociación para a Formación e Emprego de Xóvenes con Discapacidade (AFEXDI) |
|
Destino |
AFEXDI: Santiago de Compostela |
|
Prazas |
1 praza de mestre/a |
|
Funcións |
Integración social dos/das mozos/as con discapacidade intelectual. A través do traballo, como terapia fundamental, mellorar a situación persoal e a calidade de vida destas persoas con discapacidade. Actividades axeitadas a esta situación. Realizar e, se é o caso, coordinar todas as actividades escolares e extraescolares do centro. Traballo en programas de desenvolvemento integral. |
|
Requisitos |
Experiencia en educación especial. Especialista en pedagoxía terapéutica. |
|
Observacións |
Horario adaptado ás necesidades do centro. |
Nº posto |
||
10 |
Convenio. Coordinador/a de escolarización de poboación marxinada |
|
Destino |
Lugo |
|
Prazas |
1 praza para mestre/a |
|
Funcións |
Potenciar a integración escolar do alumnado de poboacións marxinadas. Coordinación cos diferentes centros. Xestións coas familias para conseguir a súa escolarización. Control do absentismo escolar. Potenciación do interculturalismo. |
|
Requisitos |
Persoal funcionario de carreira do corpo de mestres/as que acredite experiencia en programas de integración de minorías, experiencia en educación compensatoria e habilidades de comunicación con poboacións marxinadas. |
Nº posto |
||
11 |
Amtega: Denominación das prazas: asesor/a Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar |
|
Destino |
Amtega. Situados físicamente na Coruña, Ordes, Marín, Lugo |
|
Prazas |
4 prazas |
|
Funcións |
A función principal é o apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar. Entre estas cabe destacar: Definición da estratexia na posta á disposición da comunidade educativa de servizos dixitais educativos, seguimento da implantación da dita estratexia e identificación de novas necesidades nese eido. Soporte in situ, asesoramento e formación na instalación e utilización dos servizos dixitais educativos que se lles ofertan aos centros educativos. Definición da estratexia de dotación de infraestrutura informática e de comunicacións aos centros educativos. Asesoramento e soporte técnico in situ á infraestrutura informática e de comunicacións. Apoio e atención aos centros docentes da súa zona con relación a calquera proxecto TIC, aplicación ou sistema informático corporativo implantado ou que se vaia implantar neses centros. Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servizos dixitais educativos ofertados. |
|
Requisitos |
Coñecemento da realidade educativa, social e tecnolóxica dos centros educativos da zona de influencia da asesoría. Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das TIC nos centros educativos. Coñecementos pedagóxicos sobre o aproveitamento das TIC no ámbito educativo. Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluída, entre outros, a capacidade de instalar e configurar equipamentos informáticos en rede e os seus dispositivos periféricos. Experiencia en traballo en equipo. |