O exercicio da folga por parte dos traballadores para a lexítima defensa dos seus intereses é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución no seu artigo 28.2. O seu respecto e protección resulta esencial para o correcto funcionamento dun estado democrático, en que se deben garantir todos os mecanismos de expresión da soberanía popular. Non obstante o anterior, o exercicio dese dereito debe cohonestarse co respecto ao resto dos dereitos constitucionalmente establecidos e coa garantía de acceso da comunidade aos servizos considerados esenciais.
No sector do transporte, os servizos que se prestan teñen un carácter esencial para a cidadanía en canto que supoñen unha ferramenta básica para o exercicio doutros dereitos como son os de libre circulación dentro do territorio nacional (artigo 19 da Constitución), á educación (artigo 27) e ao traballo (artigo 35). Desta maneira, a garantía dunha mínima mobilidade da cidadanía durante a xornada de folga convértese nunha demanda do interese xeral que debe ser atendida pola Administración no ámbito das competencias que ten atribuídas.
O sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), o 9 de xuño de 2022, comunicou a convocatoria de folga para o día 21 de xuño de 2022, das 0.00 ás 24.00 horas, nas seguintes empresas.
– Autocares Barbantia, S.L.U., Empresa Gilsanz, S.A., Autocares J. Pombo, S.L., Vehículos Costa, S.L., Autos Rico, S.L., Hermanos Gabeiras, S.L., Autos Morán, S.L. e Empresa Sánchez, S.L. (abreviadamente, UTE Hércules Norte)
– Empresa Sánchez, S.L.U., Eleuterio López y Cía, S.L., Empresa Luber, S.L.U., Castromil, S.A.U., Empresa Monforte, S.A.U., Rías Altas, S.A., Gómez de Castro, S.A., Auto Industrial, S.A., Autobuses de Pontevedra, S.A., Empresa Miño, S.L., Empresa Vda. J. Domínguez, S.L.U., Barcala Sanz, S.L.U., Transportes La Unión, S.A., Autos Morán, S.L., La Hispano Igualadina, S.L. (abreviadamente, UTE Escolar Lote 9).
– Castromil, S.A.U., Empresa Monforte, S.A.U., Rías Altas, S.A., Gómez de Castro, S.A., Auto Industrial, S.A., Autobuses de Pontevedra, S.A., Eleuterio López y Cía, S.L., Empresa Luber, S.L.U., Empresa Sánchez, S.L.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Vda. J. Domínguez, S.L., Barcala Sanz, S.L.U., Hermanos Gabeiras, S.L., Autos Morán, S.L., La Hispano Igualadina, S.L., Transportes La Unión, S.A. (abreviadamente, UTE Escolar Lote 11) .
A indicada convocatoria afecta, por tanto, ás referidas unións temporais de empresas e ás diferentes empresas que as compoñen, a todos os traballadores que prestan servizos para as indicadas empresas e a todos os seus lugares de traballo, no ámbito do contrato de concesión XG871 e nos lotes 9 e 11 do contrato de servizo das rutas de transporte escolar (expediente 1A/2021/TE).
No marco das competencias atribuídas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no sector do transporte, cómpre distinguir.
A) Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: está afectada pola folga a concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral XG871. Norte da comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da do Eume, da cal é concesionaria a UTE Hércules Norte.
Dentro da regulación dos servizos mínimos do servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiras/os por estrada diferénciase, por unha banda, os servizos correspondentes ás expedicións integradas, nos que existe unha reserva de praza a favor de escolares en aplicación da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e nas que se establecen como servizos mínimos as expedicións cunha lonxitude superior a catro quilómetros.
Por outra banda, respecto do resto de expedicións non integradas, diferénciase as de lonxitude inferior a vinte e cinco quilómetros, nas que, nas franxas horarias da primeira e última hora do día, das 6.00 ás 9.00 horas e das 18.00 ás 21.00 horas, establécense como servizos mínimos o cincuenta por cento das expedicións existentes, e nas expedicións non integradas de lonxitude superior a vinte e cinco quilómetros, con orixe ou destino nalgunha das sete cidades, nas que se mantén unha expedición de ida e outra de volta nos servizos con saída anterior ás 14.00 horas e posterior ás 18.00 horas.
En total establecéronse 114 servizos para o martes 21 de xuño de 2022.
B) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación, como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.
Do mesmo xeito, a dispersión poboacional en Galicia determina que, diariamente, se teñan que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os que non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.
Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros das 7.30 ás 10.30 horas, e os de saída das 13.30 ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.
C) Servizos regulares de uso especial para transporte de traballadores: co fin de garantir a chegada e a saída aos postos de traballo naqueles servizos de carácter interurbano en que a ausencia dunha previsión mínima crebaría toda posibilidade de acceso ao traballo, propóñense como mínimos todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.
Convocouse o Comité de Folga a unha xuntanza o día 16 de xuño de 2022 para os efectos de valorar o borrador de proposta de servizos mínimos feita pola Dirección Xeral de Mobilidade.
Asistiu á xuntanza un representante do sindicato convocante da folga.
As circunstancias apuntadas son as que levan a establecer os servizos mínimos concretados na presente orde intentando compatibilizar o contido esencial de todos os dereitos en conflito.
Na súa virtude, a proposta da Dirección Xeral de Mobilidade e oído o Comité de Folga,
DISPOÑO:
Artigo único. Servizos mínimos
Durante a folga convocada polo sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), na UTE Hércules Norte, na UTE Escolar Lote 9 e na UTE Escolar Lote 11, para o día 21 de xuño de 2022, das 00.00 ás 24.00 horas, terán a consideración de servizos mínimos os seguintes.
1. Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: os servizos que se relacionan no anexo desta orde.
2. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros das 7.30 ás 10.30 horas, e os de saída das 13.30 ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.
3. Servizos regulares de uso especial para o transporte de traballadores: todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.
As empresas de transporte darán a máxima difusión dos servizos concretos que resulten afectados por esta orde ás persoas usuarias a través daqueles medios que permitan o seu coñecemento e, en todo caso, nos propios vehículos, con antelación ao inicio e durante a folga.
Disposición final única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
ANEXO
Servizos públicos de transporte regular de uso xeral
Concesión |
Código de expedición |
Nome de ruta |
Sentido |
Hora de saída |
Hora de chegada |
Integrada |
XG871 |
XG87100501001 |
Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) |
Volta |
6.10 |
7.21 |
Non |
XG871 |
XG87100501002 |
Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) |
Ida |
6.15 |
7.26 |
Non |
XG871 |
XG87100501004 |
Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) |
Volta |
22.15 |
23.26 |
Non |
XG871 |
XG87100501012 |
Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) |
Ida |
22.00 |
23.11 |
Non |
XG871 |
XG87100601003 |
Ferrol E.A.-Coruña E.A. (directo) |
Volta |
7.30 |
8.15 |
Non |
XG871 |
XG87100601004 |
Ferrol E.A.-Coruña E.A. (directo) |
Ida |
7.10 |
7.55 |
Non |
XG871 |
XG87100601017 |
Ferrol E.A.-Coruña E.A. (directo) |
Volta |
21.30 |
22.15 |
Non |
XG871 |
XG87100601031 |
Ferrol E.A.-Coruña E.A. (directo) |
Ida |
20.15 |
21.00 |
Non |
XG871 |
XG87100701002 |
Ferrol E.A.-CHUAC-Coruña E.A. (directo) |
Ida |
8.00 |
8.50 |
Non |
XG871 |
XG87100701007 |
Ferrol E.A.-CHUAC-Coruña E.A. (directo) |
Volta |
20.30 |
21.20 |
Non |
XG871 |
XG87100701011 |
Ferrol E.A.-CHUAC-Coruña E.A. (directo) |
Ida |
21.00 |
21.50 |
Non |
XG871 |
XG87100701012 |
Ferrol E.A.-CHUAC-Coruña E.A. (directo) |
Volta |
8.30 |
9.20 |
Non |
XG871 |
XG87100801006 |
Praza de Galicia-O Seixo-Pontedeume |
Ida |
7.25 |
8.28 |
Non |
XG871 |
XG87101201001 |
Miño-Vilamateo |
Volta |
7.45 |
7.58 |
Non |
XG871 |
XG87101301001 |
Betanzos instituto-Monfero |
Volta |
7.45 |
8.30 |
Non |
XG871 |
XG87101601001 |
Praza de Galicia-Mugardos-Ares |
Volta |
5.30 |
6.14 |
Non |
XG871 |
XG87102001018 |
Praza de Galicia-Ares-Mugardos |
Ida |
7.15 |
7.55 |
Non |
XG871 |
XG87102001019 |
Praza de Galicia-Ares-Mugardos |
Ida |
20.45 |
21.25 |
Non |
XG871 |
XG87102801001 |
Praza de Galicia-Chanteiro (por Ares, Mugardos e Seixo) |
Volta |
7.00 |
8.09 |
Non |
XG871 |
XG87103701004 |
Cruce Redes-I.E.S. Mugardos |
Volta |
18.00 |
18.39 |
Non |
XG871 |
XG87103801002 |
Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) |
Volta |
8.45 |
10.33 |
Non |
XG871 |
XG87103801008 |
Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) |
Ida |
18.15 |
20.03 |
Non |
XG871 |
XG87104001002 |
Betanzos praza-Coruña E.A. (directo) |
Ida |
9.30 |
9.30 |
Non |
XG871 |
XG87104101002 |
Entrexardíns-Polígono Bergondo-Betanzos praza |
Ida |
6.45 |
7.38 |
Non |
XG871 |
XG87104201003 |
Betanzos praza-Polígono Bergondo-Entrexardíns |
Ida |
19.30 |
19.30 |
Non |
XG871 |
XG87104201004 |
Betanzos praza-Polígono Bergondo-Entrexardíns |
Ida |
6.05 |
6.05 |
Non |
XG871 |
XG87104301005 |
Entrexardíns-Betanzos-Ferrol E.A. |
Ida |
7.45 |
9.29 |
Non |
XG871 |
XG87104301013 |
Entrexardíns-Betanzos-Ferrol E.A. |
Volta |
19.30 |
21.14 |
Non |
XG871 |
XG87104501007 |
Entrexardíns-San Pedro de Nós-Betanzos praza |
Ida |
6.15 |
7.09 |
Non |
XG871 |
XG87104501014 |
Entrexardíns-San Pedro de Nós-Betanzos praza |
Ida |
20.15 |
21.09 |
Non |
XG871 |
XG87104501024 |
Entrexardíns-San Pedro de Nós-Betanzos praza |
Volta |
7.00 |
7.54 |
Non |
XG871 |
XG87104501025 |
Entrexardíns-San Pedro de Nós-Betanzos praza |
Volta |
18.45 |
19.39 |
Non |
XG871 |
XG87104601001 |
Pontedeume-Ferrol E.A. |
Ida |
7.10 |
7.10 |
Non |
XG871 |
XG87105001001 |
Miño-Pontedeume |
Ida |
8.00 |
8.23 |
Non |
XG871 |
XG87105001002 |
Miño-Pontedeume |
Volta |
18.00 |
18.23 |
Non |
XG871 |
XG87105201006 |
IES Isaac Díaz Pardo-Xeitosiña |
Volta |
8.14 |
8.35 |
Si |
XG871 |
XG87105201007 |
IES Isaac Díaz Pardo-Xeitosiña |
Ida |
14.30 |
14.51 |
Si |
XG871 |
XG87105301004 |
Centro saúde A Castellana-Rilleira |
Volta |
9.10 |
9.50 |
Si |
XG871 |
XG87105301005 |
Centro saúde A Castellana-Rilleira |
Ida |
16.55 |
17.35 |
Si |
XG871 |
XG87105401004 |
CEIP da Castellana-Feás-Aturela |
Volta |
9.10 |
9.50 |
Si |
XG871 |
XG87105401005 |
CEIP da Castellana-Feás-Aturela |
Ida |
16.55 |
17.35 |
Si |
XG871 |
XG87105501004 |
Centro saúde A Castellana-Aranga |
Volta |
9.07 |
9.50 |
Si |
XG871 |
XG87105501005 |
Centro saúde A Castellana-Aranga |
Ida |
16.55 |
17.38 |
Si |
XG871 |
XG87105601003 |
CEIP Pedro Barrié de la Maza-O Castro |
Volta |
8.35 |
8.50 |
Si |
XG871 |
XG87105601004 |
CEIP Pedro Barrié de la Maza-O Castro |
Ida |
14.10 |
14.25 |
Si |
XG871 |
XG87105801006 |
Sombreo-Castro 2-Viadeiro |
Volta |
8.27 |
8.50 |
Si |
XG871 |
XG87105801007 |
Sombreo-Castro 2-Viadeiro |
Ida |
14.10 |
14.33 |
Si |
XG871 |
XG87105901008 |
Sombreo-Ponte do Porco |
Volta |
8.39 |
8.50 |
Si |
XG871 |
XG87105901009 |
Sombreo-Ponte do Porco |
Ida |
14.10 |
14.21 |
Si |
XG871 |
XG87106001004 |
Betanzos praza-Castellana |
Volta |
7.45 |
8.32 |
Si |
XG871 |
XG87106001005 |
Betanzos praza-Castellana |
Ida |
14.25 |
15.12 |
Si |
XG871 |
XG87106001006 |
Betanzos praza-Castellana |
Volta |
15.23 |
16.10 |
Si |
XG871 |
XG87106001007 |
Betanzos praza-Castellana |
Ida |
18.10 |
18.57 |
Si |
XG871 |
XG87106101004 |
Centro saúde Betanzos-Cerdelo |
Volta |
8.07 |
8.42 |
Si |
XG871 |
XG87106101005 |
Centro saúde Betanzos-Cerdelo |
Ida |
14.25 |
15.00 |
Si |
XG871 |
XG87106101006 |
Centro saúde Betanzos-Cerdelo |
Ida |
18.10 |
18.45 |
Si |
XG871 |
XG87106201003 |
Centro saúde Betanzos-Feas |
Volta |
15.34 |
16.10 |
Si |
XG871 |
XG87106301004 |
Centro saúde Betanzos-Villamourel |
Volta |
7.55 |
8.34 |
Si |
XG871 |
XG87106301005 |
Centro saúde Betanzos-Villamourel |
Ida |
14.25 |
15.04 |
Si |
XG871 |
XG87106301006 |
Centro saúde Betanzos-Villamourel |
Volta |
15.30 |
16.09 |
Si |
XG871 |
XG87106301007 |
Centro saúde Betanzos-Villamourel |
Ida |
18.10 |
18.49 |
Si |
XG871 |
XG87106401004 |
Centro saúde Betanzos-As Poceiras |
Volta |
8.03 |
8.34 |
Si |
XG871 |
XG87106401005 |
Centro saúde Betanzos-As Poceiras |
Ida |
14.25 |
14.56 |
Si |
XG871 |
XG87106401006 |
Centro saúde Betanzos-As Poceiras |
Volta |
15.38 |
16.09 |
Si |
XG871 |
XG87106401007 |
Centro saúde Betanzos-As Poceiras |
Ida |
18.10 |
18.41 |
Si |
XG871 |
XG87106501004 |
Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco-Miño 2 |
Volta |
8.13 |
8.38 |
Si |
XG871 |
XG87106501005 |
Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco-Miño 2 |
Ida |
14.25 |
14.50 |
Si |
XG871 |
XG87106501006 |
Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco-Miño 2 |
Volta |
15.48 |
16.13 |
Si |
XG871 |
XG87106501007 |
Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco-Miño 2 |
Ida |
18.10 |
18.35 |
Si |
XG871 |
XG87106601001 |
CEIP Francisco Vales Villamarín-Caresma |
Volta |
8.18 |
8.50 |
Si |
XG871 |
XG87106601002 |
CEIP Francisco Vales Villamarín-Caresma |
Ida |
14.10 |
14.42 |
Si |
XG871 |
XG87106701003 |
Centro saúde Betanzos-Pedra Partida |
Volta |
8.09 |
8.49 |
Si |
XG871 |
XG87106701004 |
Centro saúde Betanzos-Pedra Partida |
Ida |
14.10 |
14.50 |
Si |
XG871 |
XG87106801005 |
Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco |
Volta |
8.28 |
8.50 |
Si |
XG871 |
XG87106801006 |
Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco |
Ida |
14.10 |
14.32 |
Si |
XG871 |
XG87106901004 |
Centro saúde Bergondo-Ferreiros |
Volta |
8.48 |
9.09 |
Si |
XG871 |
XG87106901005 |
Centro saúde Bergondo-Ferreiros |
Ida |
15.10 |
15.31 |
Si |
XG871 |
XG87106901006 |
Centro saúde Bergondo-Ferreiros |
Ida |
15.55 |
16.16 |
Si |
XG871 |
XG87107001005 |
CPI de Cruz do Sar-Varela |
Volta |
8.47 |
9.10 |
Si |
XG871 |
XG87107101004 |
Centro saúde Bergondo-Mallorca |
Volta |
8.48 |
9.10 |
Si |
XG871 |
XG87107101005 |
Centro saúde Bergondo-Mallorca |
Ida |
15.10 |
15.32 |
Si |
XG871 |
XG87107101006 |
Centro saúde Bergondo-Mallorca |
Ida |
15.55 |
16.17 |
Si |
XG871 |
XG87107201002 |
CPI de Cruz do Sar-Varela |
Ida |
15.10 |
15.32 |
Si |
XG871 |
XG87107201003 |
CPI de Cruz do Sar-Varela |
Ida |
15.55 |
16.17 |
Si |
XG871 |
XG87107301004 |
Centro saúde Bergondo-Bar Santa Marta |
Volta |
8.49 |
9.10 |
Si |
XG871 |
XG87107301005 |
Centro saúde Bergondo-Bar Santa Marta |
Ida |
15.10 |
15.31 |
Si |
XG871 |
XG87107301006 |
Centro saúde Bergondo-Bar Santa Marta |
Ida |
15.55 |
16.16 |
Si |
XG871 |
XG87107401003 |
CPI de Cruz do Sar-Loly (Betanzos->Cor) |
Volta |
8.45 |
9.10 |
Si |
XG871 |
XG87107501004 |
Centro saúde Bergondo-Raxas |
Ida |
15.55 |
16.16 |
Si |
XG871 |
XG87107601002 |
CPI de Cruz do Sar-Raxas (Betanzos->Cor) |
Ida |
15.55 |
16.16 |
Si |
XG871 |
XG87107701003 |
CPI de Cruz do Sar-Cortiñán Abaixo |
Volta |
8.55 |
9.10 |
Si |
XG871 |
XG87107801001 |
CPI de Cruz do Sar-Loly (Betanzos->Cor) |
Ida |
15.10 |
15.30 |
Si |
XG871 |
XG87107901003 |
CPI de Cruz do Sar-O Souto |
Volta |
8.50 |
9.10 |
Si |
XG871 |
XG87107901004 |
CPI de Cruz do Sar-O Souto |
Ida |
15.10 |
15.30 |
Si |
XG871 |
XG87108001001 |
Ferrol E.A.-Betanzos-Entrexardíns (por AP-9 desde Betanzos) |
Ida |
6.45 |
8.15 |
Non |
XG871 |
XG87108201011 |
San Isidro-Ferrol |
Ida |
9.30 |
9.30 |
Non |
XG871 |
XG87109401001 |
Pazo da Merced-A Maestranza |
Ida |
6.25 |
6.25 |
Non |
XG871 |
XG87109501001 |
O Burgo (área de servizo)-Xeriátrico |
Ida |
7.35 |
7.58 |
Non |
XG871 |
XG87109701001 |
Ferrol E.A.-Betanzos-Coruña E.A. (por AP-9 desde Betanzos) |
Ida |
9.45 |
11.15 |
Non |
XG871 |
XG87109701005 |
Ferrol E.A.-Betanzos-Coruña E.A. (por AP-9 desde Betanzos) |
Volta |
20.00 |
21.30 |
Non |
XG871 |
XG87109801003 |
Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Gallada) |
Volta |
12.00 |
13.37 |
Non |
XG871 |
XG87109801004 |
Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Gallada) |
Ida |
10.00 |
11.37 |
Non |
XG871 |
XG87109901001 |
Praza de Galicia-Mugardos-Ares-praza de Galicia |
Ida |
6.10 |
7.26 |
Non |
XG871 |
XG87109901007 |
Praza de Galicia-Mugardos-Ares-praza de Galicia |
Ida |
22.00 |
23.16 |
Non |
XG871 |
XG87110001001 |
Praza de Galicia-Ares-Mugardos-praza de Galicia |
Ida |
10.15 |
11.29 |
Non |
XG871 |
XG87110001005 |
Praza de Galicia-Ares-Mugardos-praza de Galicia |
Ida |
18.15 |
19.29 |
Non |
XG871 |
XG87110401001 |
Praza de Galicia-Chanteiro |
Ida |
6.20 |
7.00 |
Non |
XG871 |
XG87110501002 |
IES de Fene-Ferrol (por Pías) |
Volta |
7.30 |
8.00 |
Non |
XG871 |
XG87110501004 |
IES de Fene-Ferrol (por Pías) |
Ida |
18.00 |
18.30 |
Non |
XG871 |
XG87110601001 |
IES de Fene-Ferrol (por Neda) |
Volta |
7.15 |
8.00 |
Non |
XG871 |
XG87110601004 |
IES de Fene-Ferrol (por Neda) |
Ida |
18.00 |
18.45 |
Non |
XG871 |
XG87110801002 |
Praza de Galicia-Mugardos-Ares-Praza de Galicia (polo Seixo) |
Ida |
12.00 |
13.16 |
Non |
XG871 |
XG87110801004 |
Praza de Galicia-Mugardos-Ares-Praza de Galicia (polo Seixo) |
Ida |
19.30 |
20.46 |
Non |
XG871 |
XG87111001001 |
Praza de Galicia-Cruce de Redes-IES Mugardos-Praza de Galicia |
Ida |
7.50 |
9.12 |
Non |