Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 2 de xuño de 2022, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 2 de xuño de 2022

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Vila de Covas.

Signatura: V-LU-006846.

Titular: Vila de Covas, C.B.

Enderezo: rúa Granxas, 59, Covas.

Localidade: 27861 Viveiro.

Establecemento: Canabal.

Signatura: V-LU-002248.

Titular: Ricarda Treve Mon.

Enderezo: rúa Pascual Veiga, 19.

Localidade: 27880 Burela.

Establecemento: Casa Foguete.

Signatura: V-LU-003690.

Titular: Pedro Manuel Burgo Rañón.

Enderezo: lugar Vilaframil, 26.

Localidade: 27797 Ribadeo.

Establecemento: O Mesón Enxebre.

Signatura: R-LU-001272.

Titular: Juan Manuel González Miranda.

Enderezo: rúa Granxas, 11, baixo.

Localidade: 27861 Viveiro.

Establecemento: Casa Foguete.

Signatura: R-LU-000488.

Titular: Pedro Manuel Burgo Rañón.

Enderezo: lugar Vilaframil.

Localidade: 27797 Ribadeo.

Establecemento: Canabal.

Signatura: R-LU-000269.

Titular: Ramón Ángel Díaz Rego.

Enderezo: rúa Pascual Veiga, 19.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: El Cubano.

Signatura: V-LU-003850.

Titular: Teodoro Rodríguez Fernández.

Enderezo: praza de España, 5.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: Xaneiro.

Signatura: R-LU-001151.

Titular: Ramón Bello Morado.

Enderezo: avenida Terra Chá, 162.

Localidade: 27800 Vilalba.

Establecemento: O Bosque.

Signatura: R-LU-000476.

Titular: Fernando Prieto Díaz.

Enderezo: rúa Xermolos, 20.

Localidade: 27300 Guitiriz.

Establecemento: A Cociña de Susi.

Signatura: R-LU-001242.

Titular: Rego-Poleias, C.B.

Enderezo: avenida de Asturias, 16, baixo esquerda.

Localidade: 27700 Ribadeo.