Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35183

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN861A).

O 19 de maio de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN861A).

No punto 3 do artigo 10 establecíase que o prazo de presentación de solicitudes sería dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Tendo en conta que se trata dunha nova convocatoria de axudas e que as pemes están a afrontar unha etapa complexa en canto a xestión da incerteza da súa actividade empresarial diaria, considérase conveniente ampliar o prazo de presentación de solicitudes en 10 días hábiles.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVE:

Artigo 1

Amplíase en 10 días hábiles, ata o 5 de xullo de 2022, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 10 da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN861A).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación