Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35185

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B).

A Comisión Europea presentou o pasado 9 de marzo de 2021 a Década Dixital de Europa, unha visión da transformación dixital que Europa necesita para a próxima década, que ten como un dos seus obxectivos que en 2030 todos os fogares e empresas da Unión Europea teñan conectividade xigabit e que 3 de cada 4 empresas dispoñan de computación na nube.

A crise derivada da COVID-19 obrigou a Europa a tomar medidas excepcionais e aproveitar a circunstancia para tratar de saír máis fortes da pandemia, transformando a economía europea e creando novas oportunidades. NextGenerationEU xorde como un plan de recuperación de 750.000 millóns de euros para crear unha Europa máis verde, máis dixital e máis resiliente.

O Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, é o elemento central de NextGenerationEU, destinado a financiar os plans de recuperación e resiliencia dos Estados membros da Unión Europea.

O Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España (PRTR) foi informado favorablemente pola Comisión Europea o 16 de xuño de 2021 e aprobado polo Consello da Unión Europea o 6 de xullo de 2021. O PRTR ten como obxectivo a posta en marcha dun plan de investimentos e reformas para a recuperación das empresas e a sociedade tras a crise da COVID-19, impulsando unha transformación estrutural para un desenvolvemento máis sustentable e resiliente, cun orzamento de máis de 140.000 millóns de euros ata 2026.

En febreiro de 2021, a Xunta de Galicia presentaba a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030), a cal define un marco de actuación común que facilite a actuación das tres administracións (nacional, autonómica e local) nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade, dando continuidade á Axenda dixital de Galicia 2020 e ao Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), coa visión posta en impulsar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.

Facilitar a dispoñibilidade de conectividade de banda larga de moi alta capacidade ás empresas é de vital importancia, actuando como elemento tractor para avanzar na transformación dixital do tecido produtivo. Así, en 2016, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ditou resolución pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais (PR603A). Estas medidas tiveron continuidade coas convocatorias de axudas a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida (PR604A) ditadas en 2017, 2018 e, recentemente, en 2022.

Estas actuacións complementaranse coas convocatorias de axudas que se diten ao abeiro das bases aprobadas por medio desta resolución, que axudarán a emendar as carencias de conectividade que aínda persisten nalgúns polígonos industriais e áreas de concentración empresarial de ámbitos rurais de Galicia.

As axudas reguladas nestas bases dítanse en desenvolvemento das liñas de actuación 1 e 2.i, recollidas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de diversas accións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Estas medidas enmárcanse no investimento C15.I2 de «Accións de reforzo de conectividade en centros de referencia, motores socioeconómicos e proxectos tractores de dixitalización sectorial» do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que inclúe accións de reforzo da conectividade en centros de referencia, polígonos industriais e centros loxísticos.

Con base no anterior, logo de autorización para esta convocatoria do Consello da Xunta de Galicia adoptada o 19 de maio de 2022, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (Programa UNICO-Industria e empresas) previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento PR603B).

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as citadas subvencións para o período 2022-2023.

Artigo 2. Solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo da posible aplicación das consecuencias sancionadoras que procedan, de conformidade co disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Procedemento de concesión

1. Unha vez terminado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva establecido nas bases reguladoras.

2. En caso de zonas que sexan obxectivo de máis dun proxecto na mesma liña de actuación, só se poderán conceder axudas no proxecto que teña maior puntuación. En ningún caso se concederán axudas para unha mesma zona en máis dun proxecto na mesma liña de actuación.

3. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Transcorrido o prazo sen ditar resolución expresa, os interesados poderán entender como desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Tipos de proxectos obxecto de axuda

1. Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

a) Liña de actuación 1 (redes de alimentación), tal e como se describen no artigo 4.1.a) das bases reguladoras, para proporcionar conectividade ás zonas de actuación incluídas no anexo III.

b) Liña de actuación 2 (redes de distribución), tal e como se describen no artigo 4.1.b) das bases reguladoras, para proporcionar conectividade ás unidades inmobiliarias (UI) no interior de cada una das zonas de actuación incluídas no anexo III, a fin de interconectar cada un dos centros, unidades, instalacións e dependencias que o conforman.

2. O ámbito xeográfico das actuacións recollidas nos proxectos deberá axustarse ás zonas elixibles establecidas no anexo III.

3. Un mesmo solicitante só poderá solicitar unha subvención para cada liña de actuación, e poderá, en todo caso, presentar unha solicitude para cada unha das liñas de actuación. Cada unha das solicitudes será tratada de maneira independente.

4. Cada solicitude deberá de referirse a unha única liña de actuación. No caso de que un solicitante desexe presentar solicitudes en ambas as liñas de actuación, deberá presentar dúas solicitudes que serán tratadas de maneira independente.

5. Cada proxecto deberá diferenciar o seu alcance para cada unha das zonas elixibles indicadas no anexo III, tal e como se define no artigo 15 das bases reguladoras.

6. Poderanse conceder axudas a un proxecto en parte das zonas elixibles. En ningún caso se concederán axudas para unha mesma zona en máis dun proxecto na mesma liña de actuación.

7. No caso de proxectos da Liña de actuación 2 (redes de distribución) deberase considerar un mínimo de conexión do 80 % das unidades inmobiliarias (UI) de cada unha das zonas de actuación obxecto do proxecto. Non se considerarán cubertas e, por tanto, non se terán en consideración no proxecto, aquelas zonas de actuación para as que non se acade este mínimo de conectividade.

8. Non se establece un alcance mínimo por proxecto, mais alá de que os proxectos da Liña de actuación 1 (redes de alimentación) deberán conectar polo menos unha zona de actuación obxectivo, e os proxectos da Liña de actuación 2 (redes de distribución) deberán cubrir polo menos unha zona de actuación obxectivo.

9. O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado pola intensidade máxima de subvención establecida no artigo 6, e así mesmo polo número de zonas de actuación obxectivo do proxecto:

a) Liña de actuación 1 (redes de alimentación): importe máximo de subvención por zona de actuación conectada de 65.000,00 €.

b) Liña de actuación 2 (redes de distribución): importe máximo de subvención por zona de actuación cuberta de 65.000,00 €.

Artigo 5. Crédito

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.309.750,00 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0, coa seguinte distribución:

Liñas de actuación

Aplicación

Código proxecto

2022

2023

Liña de actuación 1 (redes de alimentación)

04.A1.571A.770.0

2022 00003

50.000,00 €

2.104.875,00 €

Liña de actuación 2 (redes de distribución)

04.A1.571A.770.0

2022 00003

50.000,00 €

2.104.875,00 €

No caso de que o crédito dunha das liñas de actuación non se esgote, a cantidade resultante incrementará o orzamento destinado á outra liña de actuación.

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. Este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 6. Intensidade máxima da subvención

A intensidade máxima destas subvencións será do oitenta por cento (80 %) do custo elixible do proxecto.

Artigo 7. Realización do proxecto subvencionado

O despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o prazo máximo para a posta en servizo que é o 31 de outubro de 2023.

Artigo 8. Xustificación da realización do proxecto subvencionado

1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2023. Excepcionalmente, a elaboración de proxectos técnicos ou informes técnicos si poderá ser considerada como gasto subvencionable, aínda cando fose facturada con anterioridade á data de rexistro da solicitude, sempre que a data da factura sexa posterior á data de publicación da presente convocatoria.

2. Os beneficiarios deberán presentar a documentación xustificativa da execución dos gastos subvencionables relativos á anualidade en curso ata o 31 de outubro de cada ano.

3. As cantidades que sexan concedidas aos beneficiarios para cada anualidade non serán transferibles a outras anualidades no caso de que a xustificación realizada polos beneficiarios sexa insuficiente para acadar o pagamento da cantidade total concedida nesa anualidade.

4. En todo caso, a execución de investimentos por unha persoa solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que a persoa solicitante non resulte beneficiaria, nin garante a súa aprobación no caso de ser beneficiaria.

Artigo 9. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código PR603B, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través das seguintes canles:

1. Páxina web: http://amtega.xunta.gal/

2. O teléfono: 981 54 55 35.

3. O enderezo electrónico: amtega@xunta.gal

4. Presencialmente.

5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12 se chama desde fóra de Galicia).

Disposición adicional única. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

CAPÍTULO I

Obxecto e ámbito

Artigo 1. Obxecto

Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (Programa UNICO-Industria e empresas) previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 2. Ámbito temporal

O ámbito temporal de vixencia das presentes bases será desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ata o 31 de decembro de 2025.

Artigo 3. Ámbito xeográfico

1. As convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases axustarán o seu ámbito xeográfico aos polígonos industriais e centros loxísticos, así como outras áreas de alta concentración empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As zonas de actuación definidas nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases deberán restrinxirse ás zonas xeográficas descritas no apartado a) do artigo 52.3 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado modificado polo Regulamento (UE) 2021/1237 da Comisión, do 23 de xullo de 2021 (tradicionalmente coñecidas como zonas brancas NGA).

Artigo 4. Tipos de proxectos obxecto de subvención

1. Os proxectos que se presenten ás convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

a) Liña de actuación 1 (redes de alimentación): proporcionar conectividade de redes de banda larga de moi alta velocidade, capaces de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps.

b) Liña de actuación 2 (redes de distribución): instalar unha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, para proporcionar conectividade ás unidades inmobiliarias (UI) no interior de cada unha das zonas de actuación, co fin de interconectar cada un dos centros, unidades, instalacións e dependencias que a conforman.

2. Os proxectos referiranse en todo caso a redes de acceso, concepto baixo o que se consideran incluídos as ligazóns de transmisión coa rede de agregación («backhaul»), con expresión e motivación da solución tecnolóxica máis adecuada sen que caiba condicionar as axudas a unha solución tecnolóxica concreta. De acordo co previsto no artigo 52.5 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, o proxecto incluirá investimentos significativos en infraestrutura pasiva máis aló dos investimentos marxinais relacionados simplemente coa mellora dos elementos activos da rede.

CAPÍTULO II

Requisitos e deberes

Artigo 5. Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de beneficiario as persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que, de forma preceptiva, deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014 e o disposto no artigo 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) n° 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado Texto pertinente para os efectos do EEE, Diario Oficial de la Unión Europea do 26.6.2014.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

3. Co obxecto de facilitar a reutilización das infraestruturas existentes, todo operador que posúa ou controle unha infraestrutura susceptible de ser reutilizada no ámbito material de actuación e que desexe presentarse a algunha convocatoria deberá informar e dar acceso a esta a terceiros operadores, de acordo co previsto nos artigos 4 e 5 do Real decreto 330/2016, do 9 de setembro, relativo a medidas para reducir o custo do despregamento das redes de comunicacións electrónicas de alta velocidade, que traspón a Directiva 2014/61/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014.

Artigo 6. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Os beneficiarios deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nestas bases, as contidas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. Os beneficiarios deberán comunicar ao órgano concedente no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

3. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separada, ou un código contable diferenciado que recolla adecuadamente todas as transaccións relacionadas coa actuación obxecto de axuda. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como as facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da axuda concedida, garante o seu adecuado reflexo na contabilidade dos beneficiarios e deberá conservarse durante un prazo mínimo de dez anos.

4. Cumprimento das condicións específicas de aplicación do principio de «non causar dano significativo» (do no significant harm-DNSH) establecidas no anexo IV.

5. Cumprimento das obrigas de etiquetaxe climática e dixital, cunha porcentaxe do 0 por cento (0 %) e do 100 por cento (100 %) respectivamente, de acordo co previsto no PRTR e o Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

6. En aplicación do disposto no artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as infraestruturas e equipos que sexan obxecto de axuda deberán permanecer afectos ao fin concreto do proxecto durante un período mínimo de cinco anos, contados a partir da súa finalización, ou ata o final da súa vida útil se esta for menor de 5 anos.

7. Os beneficiarios comprométense a proporcionar ao organismo concedente, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que dito organismo delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do proxecto.

8. As entidades beneficiarias deberán contribuír ao obxectivo de autonomía estratéxica e dixital da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipamentos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

9. Os beneficiarios estarán obrigados a crear en España todo o emprego necesario para a realización da actividade, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

10. Con carácter específico, os beneficiarios deberán cumprir, sen menoscabo do establecido no marco normativo sectorial e, en especial, a Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, as seguintes obrigas de explotación da rede, comercialización e seguimento dos servizos:

a) Operar a rede durante un período mínimo de cinco (5) anos, contado desde a data en que as tarefas acometidas sexan aprobadas integramente conformes pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sendo responsables da correcta explotación e mantemento de toda a infraestrutura e equipamento instalado.

b) Facilitar aos demais operadores un acceso completo e non discriminatorio á información sobre a rede subvencionada e aos servizos por xunto ofertados sobre esta rede.

c) Cumprir coas obrigas de información e publicidade, segundo se establece no artigo 31 das presentes bases.

d) Cumprir coas obrigas de seguimento do proxecto, segundo se establece no artigo 34 das presentes bases.

11. Nos casos en que os beneficiarios se atopen dentro do ámbito subxectivo de aplicación establecido no artigo 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deberán dar cumprimento ás disposicións relativas a publicidade activa que figuran no capítulo II do título I da dita lei. En particular, tal e como se menciona no punto 2 do artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, publicarán a información prevista na letra c) do punto 1 do artigo 8 da devandita lei seguindo os principios xerais establecidos no seu artigo 5.

Adicionalmente aos deberes relativos á publicidade activa que marca a normativa de carácter básico, os beneficiarios están suxeitos aos deberes de subministración de información, conforme o disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias de non atender a esta obriga ditaranse conforme o disposto na devandita lei.

12. Os beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

13. O incumprimento de calquera dos deberes sinalados nos puntos anteriores poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase procedimental en que se atope a tramitación do expediente.

Artigo 7. Servizos por xunto

1. Os beneficiarios das axudas quedarán obrigados a ofrecer aos demais operadores que o soliciten acceso por xunto, activo e pasivo, efectivo ás infraestruturas subvencionadas durante un período mínimo de sete anos a partir da data de entrada en servizo do proxecto de que se trate, de forma aberta, non discriminatoria e respectando o principio de non discriminación tecnolóxica. Para permitir un acceso efectivo, aplicaranse as mesmas condicións de acceso á totalidade da rede subvencionada, incluídas as partes da devandita rede en que se usaron infraestruturas existentes.

No caso de que o proxecto considere despregamentos de fibra óptica, o dito acceso incluirá tamén a posibilidade de acceder á fibra escura, cunha desagregación total e efectiva, así como aos condutos, postes, armarios, arquetas e demais elementos de obra civil. O acceso a estes últimos non debe ser limitado no tempo. No caso das axudas á construción de conducións, estas serán o suficientemente grandes para dar cabida a varias redes de cable e diferentes topoloxías de rede.

Ademais da desagregación e o acceso á liña física, en función da opción tecnolóxica seleccionada para o despregamento da rede NGA, se existe unha demanda real, debería prestarse, en condicións equitativas e non discriminatorias, un acceso por xunto de desagregación virtual, que consistirá nun acceso activo cunha interconexión das redes na propia central de cabeceira da rede de acceso, ao poder ser unha opción preferida por terceiros operadores distintos do receptor da axuda.

A velocidade de acceso ofrecida será, como mínimo, a establecida no obxectivo do proxecto e, en todo caso, deberá permitir a replicabilidade dos servizos polo miúdo ofrecidos polo operador beneficiario.

No caso de redes «backhaul» deberase tamén incluír o servizo por xunto de liñas alugadas ou circuítos punto a punto, en función da tecnoloxía empregada para a implementación da devandita rede.

As obrigas de acceso serán executadas con independencia de calquera cambio na propiedade, a xestión ou o funcionamento da rede subvencionada. No caso das axudas á construción de conducións, estas serán o suficientemente grandes para dar cabida, polo menos, a tres redes e diferentes topoloxías de rede.

2. Os prezos deste acceso por xunto efectivo basearanse nos principios de fixación de prezos establecidos pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia ou nos prezos dos servizos por xunto fixados pola devandita Comisión ao operador con poder significativo de mercado para servizos similares que serán considerados como prezos máximos. En caso de non existir unha oferta de referencia equivalente, a referencia será a dos prezos medios existentes en España e en caso de non existir tampouco esta referencia, aplicarase o criterio de orientación a custos, todo iso tendo en conta as axudas recibidas polo operador da rede. En calquera dos casos cando se trate dun operador integrado verticalmente, os prezos definidos deberán permitir a replicabilidade das ofertas polo miúdo e que non se produza unha discriminación coa rama de comercialización de servizos polo miúdo do operador beneficiario.

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia resolverá os conflitos entre operadores solicitantes de acceso e operadores beneficiarios das axudas, ditando instrucións para o efectivo cumprimento da obriga de acceso por xunto a que se refire este punto, de acordo co establecido na Lei 3/2013, do 4 de xuño, de creación da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, tendo en conta as condicións de mercado e a axuda recibida.

3. O detalle da oferta de servizos por xunto deberá estar dispoñible para os terceiros operadores interesados cun tempo de antelación suficiente ao comezo da explotación polo miúdo da rede NGA polo operador destinatario último da axuda. Cando o destinatario último da axuda sexa un operador integrado verticalmente, o acceso debe poder ser concedido polo menos 6 meses antes de iniciar a prestación dos servizos polo miúdo.

CAPÍTULO III

Actividade subvencionable

Artigo 8. Financiamento e intensidade máxima da subvención

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se determinen nas correspondentes convocatorias.

2. Enténdese por intensidade de subvención o seu importe expresado en porcentaxe dos custos subvencionables do proxecto. Todas as cifras empregadas entenderanse antes de deducións fiscais ou doutro tipo.

3. A intensidade máxima das subvencións fixarase, para cada caso, nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases. En todo caso, esta intensidade máxima non poderá superar o 80 por cento (80 %) do custo de todos os conceptos subvencionables.

4. As subvenciones que se concedan ao abeiro das presentes bases serán compatibles con calquera outra axuda doutros programas ou instrumentos de calquera administracións públicas ou organismos ou entes públicos, nacionais ou internacionais, particularmente da Unión Europea, en tanto que a dita axuda non cubra os mesmos custos (de acordo co principio de non duplicidade no financiamento previsto no artigo 9 Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021).

5. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía, que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 9. Investimentos e gastos subvencionables

1. As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados, acorde co estipulado nas presentes bases e convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.

2. Considéranse investimentos e gastos potencialmente subvencionables na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos os seguintes conceptos asociados ao proxecto:

a) Infraestruturas e obra civil.

b) Equipamento e outros materiais.

c) Gastos de persoal propio.

d) Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto.

3. Só serán financiables os investimentos necesarios para a creación ou adaptación das infraestruturas de rede que sexan susceptibles de ser utilizadas polos demais operadores a través do acceso por xunto a que se refire o artigo 7. Non serán elixibles as partidas de gasto asociadas a infraestruturas non relacionadas co acceso por xunto, destinadas ao seu uso exclusivo polo operador beneficiario da axuda.

4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou fornezan.

5. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables o imposto sobre o valor engadido ou outros impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Artigo 10. Subcontratación

1. Cando na realización dun proxecto se subcontrate parte da súa execución, o custo da subcontratación non poderá exceder o cincuenta por cento (50 %) do custo total do proxecto.

2. A teor do disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización en por si da actividade subvencionada. Toda subcontratación estará suxeita ao establecido no artigo 27 da Lei 9/2007. Así mesmo aplicarase a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, no caso de que na execución das subvencións se celebren contratos que deban someterse a esta lei.

3. Non poderá realizarse a subcontratación con persoas ou empresas que non poidan obter a condición de beneficiario segundo o indicado no punto 2 do artigo 5 destas bases ou nas que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o vinte por cento (20 %) do importe da subvención e o dito importe sexa superior a sesenta mil euros (60.000 €), a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente o ente concedente da subvención.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

De acordo co establecido no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos contratos mencionarase se existe ou non vinculación entre as partes.

CAPÍTULO IV

Comunicacións, representación e presentación de solicitudes

Artigo 11. Representación

1. As persoas físicas que realicen a sinatura da solicitude ou a presentación de declaracións responsables ou comunicacións, interposición de recursos, desistencia de accións ou renuncia a dereitos, en representación das persoas solicitantes ou beneficiarias das subvencións, deberán ter a representación necesaria para cada actuación, nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. O asinante da solicitude de subvención deberá acreditar que no momento da presentación da solicitude ten representación suficiente para o acto. O incumprimento desta obriga, de non emendarse, dará lugar a que ao interesado se lle dea por desistido da súa solicitude.

3. Para o resto dos trámites indicados no punto 1, cando o representante sexa distinto da persoa que asinou a solicitude da subvención, deberase achegar, igualmente, a acreditación do poder con que actúa o novo asinante, que deberá ser suficiente para exercer a devandita representación.

4. O órgano instrutor poderá requirir en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que teñan. A falta de representación suficiente da persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación determinará que o documento en cuestión se teña por non presentado, cos efectos que diso deriven para a continuación do procedemento.

5. A representación poderá acreditarse mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

Artigo 12. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

Artigo 13. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán presentadas directamente polos interesados ou pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 11.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emenda través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reune os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante e, de ser o caso, da entidade representante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

g) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 15. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Todas as solicitudes deberán de presentar:

1º. Acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado: deberase incluír a acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións. A dita acreditación deberase realizar achegando certificación de estar rexistrado no correspondente Rexistro de Operadores regulado no artigo 7 da Lei 9/2014, ou ben indicando o nome, servizo e data de resolución que figura no devandito rexistro, para a súa comprobación polo órgano instrutor.

2º. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo V).

3º. Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo anexo VI).

4º. Acreditación de inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración tributaria foral, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta á data de solicitude da axuda.

5º. Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude. No caso de presentación de solicitudes por persoa representante, deberase acreditar a dita representación segundo o indicado no artigo 11.

b) Liña de actuación 1 (redes de alimentación): memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:

1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento desta.

2º. Alcance, detallando as zonas de actuación que se dotarán de conectividade, a solución tecnolóxica e arquitectura de rede proposta.

3º. Plan de despregamento, detallando, para cada unha das zonas ás que se dotará de conectividade, o mes en que se acadará este obxectivo.

4º. Plan de gastos e investimentos subvencionables, desagregado para cada zona a que se propoña dotar de conectividade.

5º. Datos de xeración de emprego prevista asociada ao proxecto, cuantificada como o número neto de postos de traballo anual que se crearán en Galicia asociados a este proxecto.

6º. Detalle de medidas de igualdade de xénero dispoñibles na entidade solicitante, en concreto:

Dispoñer dun plan de igualdade.

Dispoñer do distintivo «igualdade na empresa» ou outros distintivos de igualdade autonómicos.

Dispoñer de medidas de conciliación de vida laboral, familiar e persoal (flexibilidade da xornada, teletraballo, permisos…).

Outras medidas, como existencia dunha persoa responsable de igualdade na empresa, dispoñibilidade de protocolos de acoso sexual ou violencia de xénero, etc.

7º. Plan de negocio abarcando, como mínimo, cinco (5) anos desde o inicio da prestación do servizo utilizando o método do valor actual neto (VAN) e indicando a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente, incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.

c) Liña de actuación 2 (redes de distribución): memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:

1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento desta.

2º. Alcance, detallando as zonas de actuación ás que se dotará de cobertura, a cobertura comprometida para cada unha (indicada como número de UI conectadas), a solución tecnolóxica e arquitectura de rede proposta.

3º. Plan de despregamento, detallando, para cada unha das zonas ás que se dotará de cobertura, o mes en que se acadará este obxectivo.

4º. Plan de gastos e investimentos subvencionables, desagregado para cada zona á que se propoña dotar de cobertura.

5º. Datos de xeración de emprego prevista asociada ao proxecto, cuantificada como o número neto de postos de traballo anual que se crearán en Galicia asociados a este proxecto.

6º. Detalle de medidas de igualdade de xénero dispoñibles na entidade solicitante, en concreto:

Dispoñer dun plan de igualdade.

Dispoñer do distintivo «igualdade na empresa» ou outros distintivos de igualdade autonómicos.

Dispoñer de medidas de conciliación de vida laboral, familiar e persoal (flexibilidade da xornada, teletraballo, permisos…).

Outras medidas, como existencia dunha persoa responsable de igualdade na empresa, dispoñibilidade de protocolos de acoso sexual ou violencia de xénero, etc.

7º. Plan de negocio abarcando, como mínimo, cinco (5) anos desde o inicio da prestación do servizo utilizando o método do valor actual neto (VAN) e indicando a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente, incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Autorizacións e publicidade

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos nela recollidos e a responsabilidade sobre a inclusión destes datos, incluíndo a responsabilidade que se asume por posibles erros realizados a título de simple descoido.

2. A presentación da solicitude de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá opoñerse á consulta ou denegar expresamente o consentimento e, nese caso, deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. Conforme o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro destas bases.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2006, a Amtega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das subvencións concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas subvencións e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, incluído o Rexistro Público de Subvencións, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Con todo, as persoas interesadas poderán pedir que non se fagan públicos os seus datos cando poidan afectar a honra e á intimidade persoal e familiar das persoas físicas, segundo o establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio.

CAPÍTULO V

Regras do procedemento de concesión

Artigo 18. Órganos competentes

1. A dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocará e resolverá as subvencións ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

2. A área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e do seguimento das subvencións.

3. A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económico-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 19. Instrución dos procedementos

1. O órgano competente para a instrución realizará, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O órgano competente para a instrución verificará a moderación dos custos propostos seguindo o indicado no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán valorados en réxime de concorrencia competitiva, conforme os criterios de adxudicación e valoración previstos nestas bases por unha Comisión de Valoración.

Artigo 20. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 21, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: persoa titular da Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou persoa que o substitúa.

b) Dous vogais nomeados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de entre os seus membros.

c) Secretario: persoal funcionario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

3. A comisión poderá estar asistida por expertos externos que estarán suxeitos ao mesmo réxime de confidencialidade e ás mesmas causas de abstención que os empregados públicos.

4. Así mesmo, a comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica para os efectos de colaborar na revisión e valoración dos documentos presentados xunto coa solicitude. Tanto os membros da comisión como os membros da subcomisión técnica poderán percibir axudas de custo por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorrer ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

5. A Comisión de Valoración realizará un informe co resultado da valoración que conterá, polo menos, o seguinte:

a) Relación de solicitudes para as que se propón a concesión de subvencións, especificando para cada unha delas a liña de actuación, a puntuación conseguida, o gasto subvencionable, a contía da subvención e, de ser o caso, as condicións técnico-económicas particulares asociadas.

b) Relación de solicitudes para as que non se propón a concesión de subvencións, especificando para cada unha delas os motivos que concorren.

6. Sen prexuízo do recollido nos puntos anteriores, á vista da documentación dispoñible ou como resultado da valoración obtida en función dos criterios recollidos no artigo 21, a Comisión de Valoración poderá considerar que un proxecto presentado non cumpre as exixencias contidas nestas bases por non adecuarse aos obxectivos da convocatoria ou non ser considerado viable técnica, económica ou financeiramente.

Artigo 21. Criterios de valoración

1. A valoración realizarase sobre o proxecto completo, coa información agrupada de todas as zonas.

2. Liña de actuación 1 (redes de alimentación):

a) Os criterios de valoración son os seguintes:

Criterio de valoración

Puntos sobre 100

Ponderación entre o número de zonas conectadas e o importe da subvención solicitada

40

Nº de zonas conectadas

40

Plan de despregamento

15

Xeración de emprego

2,5

Igualdade de xénero

2,5

1º. Ponderación entre o número de zonas conectadas e o importe da subvención solicitada: outorgarase maior puntuación a aqueles proxectos que ofrezan un mellor cociente entre a subvención total solicitada e o número de zonas de actuación conectadas (Ratiomín.).

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que teñan o peor cociente entre a subvención total solicitada e o número de zonas de actuación conectadas (Ratiomáx.).

O resto de proxectos puntuaranse linealmente segundo a seguinte fórmula:

missing image file

missing image file

onde:

Sproxecto representa o importe da subvención solicitada no proxecto en euros (€).

Nproxecto representa o número de zonas de actuación conectadas proposto no proxecto.

Ratioproxecto representa o importe de subvención solicitada por zona de actuación conectada proposto no proxecto.

Ratiomín. representa o menor importe de subvención solicitada por zona de actuación conectada proposto, de entre todos os proxectos presentados.

Ratiomáx. representa o maior importe de subvención solicitada por zona de actuación conectada proposto, de entre todos os proxectos presentados.

2º. Número de zonas conectadas: a puntuación máxima outorgarase aos proxectos que ofrezan conectar a maior cantidade de zonas de actuación, de entre todos os proxectos presentados.

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que ofrezan conectar o número mínimo de zonas de actuación definido na convocatoria.

O resto de proxectos puntuaranse con base na seguinte fórmula lineal:

missing image file

onde:

Nproxecto representa o número de zonas de actuación conectadas proposto no proxecto.

Nmín. representa o número mínimo de zonas de actuación a conectar por proxecto, fixado na convocatoria.

Nmáx. representa o maior valor de número de zonas de actuación conectadas de entre todos os proxectos presentados.

3º. Plan de despregamento: fíxanse os seguintes fitos para a valoración do plan de despregamento:

H1: 8 meses desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

H2: 12 meses desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Cada un dos proxectos puntuarase con base na seguinte fórmula:

missing image file

onde:

Nproxecto representa o número de zonas de actuación conectadas proposto no proxecto.

NH1 representa o número total de zonas de actuación conectadas no fito 1 (H1), segundo a proposa de planificación do proxecto.

NH2 representa o número total de zonas de actuación conectadas no fito 2 (H2), segundo a proposta de planificación do proxecto.

4º. Xeración de emprego: valorarase a cantidade de xeración de emprego asociada ao proxecto, tal e como se describe no punto 15.1.b).5º das presentes bases reguladoras.

A puntuación máxima outorgarase aos proxectos que ofrezan xerar a maior cantidade de emprego asociada ao proxecto.

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que non ofrezan xerar emprego asociado ao proxecto.

O resto de proxectos puntuaranse con base na seguinte fórmula lineal:

missing image file

onde:

Eproxecto representa o valor de xeración de emprego asociado ao proxecto.

Emáx. representa o maior valor de xeración de emprego de entre todos os proxectos presentados.

5º. Igualdade de xénero: valorarase a dispoñibilidade de medidas de igualdade de xénero na entidade solicitante, considerando os 4 tipos de medidas que se describen no punto 15.1.b).6º das presentes bases reguladoras.

Aquelas entidades que dispoñan de medidas consideradas válidas en polo menos 3 dos 4 tipos de medidas recibirán a puntuación máxima.

Aquelas entidades que dispoñan de medidas consideradas válidas en 2 dos 4 tipos de medidas recibirán a metade da puntuación.

Aquelas entidades que dispoñan de medidas consideradas válidas en 1 ou ningún dos 4 tipos de medidas, recibirán cero puntos.

3. Liña de actuación 2 (redes de distribución):

a) Os criterios de valoración son os seguintes:

Criterio de valoración

Puntos sobre 100

Ponderación entre o número de zonas cubertas e o importe da subvención solicitada

35

Número de zonas cubertas

35

Número de UI conectadas

10

Plan de despregamento

15

Xeración de emprego

2,5

Igualdade de xénero

2,5

1º. Ponderación entre o número de zonas cubertas e o importe da subvención solicitada: outorgarase maior puntuación a aqueles proxectos que ofrezan un mellor cociente entre a subvención total solicitada e o número de zonas de actuación cubertas (Ratiomín.).

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que teñan o peor cociente entre a subvención total solicitada e o número de zonas de actuación cubertas (Ratiomáx.).

O resto de proxectos puntuaranse linealmente segundo a seguinte fórmula:

missing image file

missing image file

onde:

Sproxecto representa o importe da subvención solicitada no proxecto en euros (€).

Nproxecto representa o número de zonas de actuación cubertas proposto no proxecto.

Ratioproxecto representa o importe de subvención solicitada por zona de actuación cuberta proposto no proxecto.

Ratiomín. representa o menor importe de subvención solicitada por zona de actuación cuberta proposto, de entre todos os proxectos presentados.

Ratiomáx. representa o maior importe de subvención solicitada por zona de actuación cuberta proposto, de entre todos os proxectos presentados.

2º. Número de zonas cubertas: a puntuación máxima outorgarase aos proxectos que ofrezan cubrir a maior cantidade de zonas de actuación, de entre todos os proxectos presentados.

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que ofrezan cubrir o número mínimo de zonas de actuación definido na convocatoria.

O resto de proxectos puntuaranse con base na seguinte fórmula lineal:

missing image file

onde:

Nproxecto representa o número de zonas de actuación cubertas proposto no proxecto.

Nmín. representa o número mínimo de zonas de actuación que hai que cubrir por proxecto, fixado na convocatoria.

Nmáx. representa o maior valor de número de zonas de actuación cubertas de entre todos os proxectos presentados.

3º. Número de UI conectadas: a puntuación máxima outorgarase aos proxectos que ofrezan conectar a maior cantidade total de UI nas zonas de actuación, de entre todos os proxectos presentados.

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que conecten o menor número total de UI, de entre todos os proxectos presentados.

O resto de proxectos puntuaranse con base na seguinte fórmula lineal:

missing image file

onde:

UIproxecto representa o número total de UI conectadas proposto no proxecto.

UImín. representa o menor valor de número total de UI conectadas de entre todos os proxectos presentados.

UImáx. representa o maior valor de número total de UI conectadas de entre todos os proxectos presentados.

4º. Plan de despregamento: fíxanse os seguintes fitos para a valoración do plan de despregamento:

H1: 8 meses desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

H2: 12 meses desde a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Cada un dos proxectos puntuarase con base na seguinte fórmula:

missing image file

onde:

Nproxecto representa o número de zonas de actuación cubertas proposto no proxecto.

NH1 representa o número total de zonas de actuación cubertas no fito 1 (H1), segundo a proposta de planificación do proxecto.

NH2 representa o número total de zonas de actuación cubertas no fito 2 (H2), segundo a proposta de planificación do proxecto.

5º. Xeración de emprego: valorarase a cantidade de xeración de emprego asociada ao proxecto, tal e como se describe no punto 15.1.c).5º das presentes bases reguladoras.

A puntuación máxima outorgarase aos proxectos que ofrezan xerar a maior cantidade de emprego asociada ao proxecto.

Outorgarase a puntuación cero a aqueles proxectos que non ofrezan xerar emprego asociado ao proxecto.

O resto de proxectos puntuaranse con base na seguinte fórmula lineal:

missing image file

onde:

Eproxecto representa o valor de xeración de emprego asociado ao proxecto.

Emáx. representa o maior valor de xeración de emprego de entre todos os proxectos presentados.

6º. Igualdade de xénero: valorarase a dispoñibilidade de medidas de igualdade de xénero na entidade solicitante, considerando os 4 tipos de medidas que se describen no punto 15.1.c).6º das presentes bases reguladoras.

Aquelas entidades que dispoñan de medidas consideradas válidas en polo menos 3 dos 4 tipos de medidas recibirán a puntuación máxima.

Aquelas entidades que dispoñan de medidas consideradas válidas en 2 dos 4 tipos de medidas recibirán a metade da puntuación.

Aquelas entidades que dispoñan de medidas consideradas válidas en 1 ou ningún dos 4 tipos de medidas recibirán cero puntos.

4. A avaliación realizarase exclusivamente sobre a información incluída nos formularios e a memoria do proxecto. Por tratarse de procedementos de concesión en concorrencia competitiva, non se admitirán as melloras voluntarias da solicitude.

5. Para que unha solicitude poida ser beneficiaria deberá obter, a raíz do proceso de avaliación descrito, polo menos, un 30 % da puntuación máxima posible.

6. Nos casos de solicitudes con igualdade de puntuación, para os efectos de resolver o empate, consideraranse primeiro as solicitudes que solicitasen o menor importe de subvención. En caso de persistir o empate, terase en conta a puntuación obtida criterio a criterio, seguindo a orde en que figuran nos criterios de valoración, empezando polo primeiro ata que se produza o desempate.

Artigo 22. Resolución provisional e audiencia

1. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, formulará a proposta de resolución provisional, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, os proxectos que se subvencionan, a liña de actuación, as zonas elixibles para as que se concede a axuda e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, de ser o caso, a causa de denegación, e elevaraa ao órgano competente para resolver.

2. A proposta de resolución provisional poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións.

3. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

4. Examinadas as alegacións aducidas, se é o caso, polos interesados, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, os elementos recollidos no artigo 23, ou, de ser o caso, a causa de denegación, e elevarase ao órgano competente para resolver.

5. Notificada a proposta de resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 23. Resolución

1. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. Na resolución de concesión da subvención farase constar, polo menos:

a) Liña de actuación.

b) Zonas elixibles para as que se concede a subvención, coa indicación dos compromisos asumidos polos beneficiarios.

c) Créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto, contía da subvención, porcentaxe de financiamento e referencia ao seu financiamento no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

d) Prazos e modos de pagamento da subvención, posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e pagamentos á conta, así como o réxime de garantías que, de ser o caso, deberán realizar os beneficiarios.

e) Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

f) Condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

Artigo 24. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia, poderá de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Na notificación de concesión da axuda informarase os beneficiarios de que as subvencións reguladas nas presentes bases ampáranse no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 25. Réxime de recursos

As resolucións de concesión da subvención poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a directora da Amtega, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produciu o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 26. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do orzamento aceptado polo órgano concedente e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, antes de que finalice o prazo para a realización do proxecto, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, debéndose achegar xunto coa solicitude de modificación un novo exemplar actualizado e asinado do documento normalizado correspondente, para acreditar a non vinculación cos provedores.

No caso de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta na valoración, procederase a revalorar o proxecto, podendo, neste caso, dar como resultado unha modificación, á baixa, da subvención concedida ou a perda do dereito a esta.

3. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tiveron lugar con posterioridade a ela.

4. Os beneficiarios terán o deber de comunicar ao órgano concedente calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención.

5. As modificacións da resolución de concesión poderanse autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da subvención e non supoña incremento do orzamento.

b) Non exista prexuízo a terceiros, e

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supoñerían a denegación da subvención.

A conformidade expresa do órgano concedente ás mencionadas modificacións só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial e se cumpran os requisitos antes indicados.

Artigo 27. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida, os créditos liberados poderán asignarse aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

Artigo 28. Xustificación e pagamento das subvencións

1. A xustificación da subvención realizarana os beneficiarios de acordo co establecido no capítulo IV, artigo 27 e sucesivos, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título III, capítulo II, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei e co establecido na normativa aplicable do Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España

2. A modalidade de xustificación adoptada para a acreditación da realización do proxecto, o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos na resolución de concesión, será a de conta xustificativa con entrega de informe de auditor, de acordo co previsto no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación para presentar estará formada polos seguintes elementos:

a) Solicitude de pagamento, debidamente asinada polo representante legal do beneficiario.

b) Conta xustificativa segundo o establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asinada polo representante legal do beneficiario, que conterá:

1º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2º. Unha memoria económica abreviada que, como mínimo, conterá o previsto no punto 5 do devandito artigo 50 do Decreto 11/2009.

3º. O informe de auditor.

4º. Unha relación detallada de todos os gastos e pagamentos contabilizados con cargo ao proxecto, mesmo achegando tamén nun formato que permita edición e cálculo.

c) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto.

d) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social (soamente no caso de non autorización ou oposición á consulta de oficio por parte do órgano xestor).

e) Compromiso por escrito de conceder os dereitos e os accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais competentes exerzan as súas competencias, en virtude do establecido no artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o artigo 129 do Regulamento financeiro.

f) Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade e información, segundo o disposto no artigo 31 das presentes bases.

g) Xustificación das obrigas relativas ao seguimento técnico do proxecto, segundo o disposto no artigo 34 das presentes bases.

4. O informe de auditor virá realizado por un auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, de acordo co previsto no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A revisión da conta xustificativa polo auditor de contas realizarase de conformidade coas normas de actuación e supervisión que, de ser o caso, propoña o órgano que teña atribuídas as competencias de control financeiro de subvencións en Galicia.

Para o estudo e revisión da documentación xustificativa, os auditores poderán utilizar técnicas de mostraxe de acordo coas prácticas habituais xeralmente aceptadas na auditoría de contas.

Finalizada a revisión da conta xustificativa o auditor deberá emitir un informe asinado con indicación da data de emisión que terá o seguinte contido mínimo:

a) Identificación do beneficiario da subvención.

b) Identificación da subvención obxecto do informe, incluíndo o órgano concedente e data de resolución de concesión, obxecto da subvención, custo total do proxecto, cantidade da subvención e porcentaxe que representa sobre o custo total do proxecto, así como referencia ás fontes de financiamento.

c) Referencia ás normas autonómicas, estatais e comunitarias aplicables á subvención, así como as normas técnicas aplicadas ao desenvolvemento do traballo realizado e emisión do informe.

d) Identificación da conta xustificativa obxecto de revisión, debendo acompañar como anexo ao informe a listaxe dos xustificantes de gastos da totalidade do proxecto asinado polo auditor.

e) Mención de que o beneficiario facilitou canta información lle solicitou o auditor para realizar a revisión. No caso de que o beneficiario non facilitase a totalidade da información solicitada, mencionarase tal circunstancia con indicación da información omitida.

f) Alcance do procedemento de revisión, en particular:

1º. Detallaranse os procedementos de revisión levados a cabo e o seu alcance, o sistema de mostraxe empregada, o número de elementos e importe da mostra analizados respecto do total e porcentaxe de deficiencias advertido respecto da mostra analizada e contía dos gastos afectados.

2º. Verificación de que a natureza, cantidade e características da totalidade dos gastos correspóndense aos fins para os que se concedeu a subvención, de acordo coas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión e cumpren coa normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

3º. Comprobación de que os gastos e pagamentos son admisibles e foron realizados e pagados dentro do período subvencionable.

4º. Comprobación de que os xustificantes de gastos (facturas, nóminas, etc.) e pagamentos son orixinais e cumpren coa normativa correspondente en cada caso.

5º. Deberase acreditar o cumprimento do disposto no punto 4 do artigo 9 das presentes bases. En particular, no caso de existir no beneficiario un procedemento que regule o proceso de compras, deberanse revisar as follas de adxudicación das compras aos provedores, ou documentación análoga, e verificar que se cumpre cos requisitos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a efectos de libre concorrencia, publicidade e non discriminación.

6º. Verificación de que nos rexistros contables do beneficiario hai constancia da contabilización dos gastos correspondentes á actividade subvencionada e do seu pagamento. En particular, verificar que a contabilidade dos gastos inherentes ao proxecto se levaron a cabo dun modo independente do resto dos gastos do beneficiario, é dicir, que existe un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación.

7º. Comprobación das axudas recibidas polo beneficiario para o mesmo proxecto de calquera outra Administración pública ou ente privado.

g) Resultado das comprobacións realizadas, mencionando os feitos observados que puidesen supoñer un incumprimento por parte do beneficiario da normativa aplicable ou das condicións impostas para a percepción da subvención, debendo proporcionar a información co suficiente detalle e precisión para que o órgano instrutor poida concluír respecto diso.

5. Toda a documentación necesaria para a xustificación da realización do proxecto, referida nos puntos anteriores, será presentada a través dos medios sinalados no artigo 16, no prazo máximo que se fixe na convocatoria e, en todo caso, antes do 31 de outubro de cada ano.

6. O órgano instrutor poderá ditar instrucións ou guías para a elaboración de calquera aspecto relativo á documentación xustificativa da realización do proxecto.

7. Tal e como se establece no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentar esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 29. Pagamentos parciais e garantías

1. Realizaranse pagamentos parciais, de conformidade co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei.

Os pagamentos parciais supoñerán a realización de pagamentos fraccionados que responderán as actuacións executadas dentro da anualidade de que se trate, despois de xustificación do investimento realizado por parte do beneficiario, e poderán acadar o 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados sen exceder da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

En todo caso os importes das anualidades previstas nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras non serán transferibles a outras anualidades no caso de que a xustificación realizada polos beneficiarios sexa insuficiente para acadar o pagamento da cantidade total concedida nesa anualidade.

2. De conformidade co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, os beneficiarios quedan exonerados da constitución de garantía para recibir pagamentos a conta ou pagamentos parciais, por autorización do Consello da Xunta adoptada o 19 de maio de 2022.

3. Nas axudas tramitadas ao abeiro das presentes bases reguladoras non se considera a posibilidade de solicitar pagamentos anticipados.

Artigo 30. Actuacións de comprobación

1. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados a facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación cos proxectos obxecto de subvención, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes.

2. Os beneficiarios aseguraranse de que os orixinais dos documentos xustificativos presentados estean ao dispor dos organismos encargados do control, referidos no punto anterior, durante un período de polo menos dez (10) anos a partir da presentación da xustificación, salvo que na resolución de concesión se especifique un prazo maior.

Artigo 31. Información e publicidade para realizar polo beneficiario

1. Os beneficiarios das subvencións deberán facer mención da orixe do financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración do financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-Next Generation EU», en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

2. Nas publicacións, equipos, material inventariable, actividades de difusión, páxinas web e outros resultados a que poida dar lugar o proxecto e, en xeral, en calquera medios de difusión, deberán cumprir cos requisitos de imaxe do programa en vigor.

3. Para estes efectos, o órgano xestor facilitará aos beneficiarios instrucións, modelos e exemplos para cumprir coas obrigas de publicidade, que serán conformes co establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e no artigo 25 do Real decreto 988/2021, do 16 de novembro.

Artigo 32. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela dos deberes previstos no título I da citada lei. En caso de incumprimento desta obriga, observarase o disposto no punto 4 do artigo citado.

Artigo 33. Datos de carácter persoal

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 34. Seguimento e control técnico do proxecto

1. Sen prexuízo das actuacións de comprobación do cumprimento da finalidade das subvencións, os beneficiarios someteranse ao seguimento e control técnico do órgano encargado do seguimento, durante o período de despregamento e explotación, que poderá solicitar documentación complementaria para dispoñer dun pleno coñecemento das circunstancias en que se desenvolve o proxecto nas seguintes dimensións: despregamento de rede, seguimento económico e comercialización dos servizos.

2. Os beneficiarios comprométense a nomear un director de proxecto que fará as veces de interlocutor co órgano encargado do seguimento para calquera aspecto relacionado coa execución do proxecto. Calquera alteración no devandito cargo representativo deberá ser notificada ao órgano encargado do seguimento.

3. Realizarase unha reunión de lanzamento en que se definirá a documentación necesaria para o inicio das tarefas e a documentación de seguimento. Cada reunión irá precedida da entrega da correspondente documentación de seguimento con polo menos dúas (2) semanas de antelación.

4. Durante a fase de despregamento celebraranse reunións de seguimento, con periodicidade que se vai determinar na reunión de lanzamento, entre o órgano encargado do seguimento e o director de proxecto, o cal irá acompañado do persoal necesario para tratar todos os aspectos mencionados na orde do día.

5. Unha vez terminadas as tarefas de despregamento celebraranse reunións, con periodicidade que se vai determinar unha vez finalizado o despregamento, entre o órgano encargado do seguimento e o director de proxecto, o cal irá acompañado do persoal necesario para tratar todos os aspectos mencionados na orde do día.

CAPÍTULO VI

Reintegro e infraccións

Artigo 35. Reintegros e infraccións

1. O incumprimento dos requisitos establecidos nas presentes bases e demais normas aplicables, así como das condicións que, de ser o caso, se estableceron na correspondente resolución de concesión, dará lugar, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as subvencións percibidas e os xuros de demora correspondentes, conforme o disposto no título II, capítulo I da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do seu regulamento.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento do deber de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeira, así como o incumprimento dos deberes contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo no que se alcanzan os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento dos deberes das persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo ou a realidade e regularidade das actividades subvencionadas.

2. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

3. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves de acordo cos artigos 54, 55 e 56 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A potestade sancionadora por incumprimento establécese no artigo 66 desta.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

1. No non previsto nas presentes bases, será de aplicación o Real decreto 988/2021, do 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de diversas accións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno; a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; así como a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

2. Así mesmo, aplicarase a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, no caso de que na execución das subvencións se celebren contratos que deban someterse a esta lei.

3. Tamén é de aplicación a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2021 en relación coa vinculación legal coa finalidade dos fondos recibidos para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

4. Así mesmo, son de aplicación as definicións de fraude, corrupción e conflito de intereses contidas na Directiva (UE) 2017/1371 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2017, sobre a loita contra a fraude que afecta os intereses financeiros da Unión a través do dereito penal, (Directiva PIF), e no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro da UE), traspostas ao dereito interno na Lei orgánica 1/2019, do 20 de febreiro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, para traspoñer directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional.

5. As axudas que se desenvolvan ao abeiro das presentes bases estarán, así mesmo, sometidas ao Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como á normativa interna aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, en particular, o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento. En particular, é de aplicación o previsto nos seus artigos 37 e 46 en relación, respectivamente, coa afectación legal dos ingresos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia, e as obrigas de información para o seguimento dos proxectos financiados a través do PRTR.

O anterior, sen prexuízo da aplicación de calquera outra disposición tanto do dereito nacional como da Unión Europea que puidesen resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión dos fondos provenientes do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o PRTR. En particular, será de aplicación o previsto no Regulamento xeral de exención por categorías, así como na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

6. Será igualmente de aplicación o disposto na Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, será de aplicación a Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións e a súa normativa de desenvolvemento, así como o establecido no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 18.2 e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberase transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto de cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases reguladoras para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Zonas de actuación obxectivo

As zonas de actuación obxectivo recóllense nunha lista con indicación do código, provincia, concello e número de unidades inmobiliarias (UI).

Código referencia zona-23 caracteres

Provincia

Concello

UIs

15003000000-2022-000120

Coruña, A

Aranga

1

15003000000-2022-000121

Coruña, A

Aranga

2

15003000000-2022-000123

Coruña, A

Aranga

30

15005000000-2022-000020

Coruña, A

Arteixo

2

15005000000-2022-000093

Coruña, A

Arteixo

1

15005000000-2022-000146

Coruña, A

Arteixo

1

15005000000-2022-000160

Coruña, A

Arteixo

1

15019000000-2022-000022

Coruña, A

Carballo

5

15019000000-2022-000233

Coruña, A

Carballo

1

15019000000-2022-000241

Coruña, A

Carballo

1

15019000000-2022-000247

Coruña, A

Carballo

1

15019000000-2022-000248

Coruña, A

Carballo

1

15022000000-2022-000185

Coruña, A

Cedeira

4

15022000000-2022-000203

Coruña, A

Cedeira

4

15038000000-2022-000099

Coruña, A

Frades

2

15045000000-2022-000276

Coruña, A

Mazaricos

2

15065000000-2022-000031

Coruña, A

Padrón

11

15065000000-2022-000075

Coruña, A

Padrón

1

15075000001-2022-000005

Coruña, A

Sada

15

15090000000-2022-000042

Coruña, A

Vilasantar

3

15090000000-2022-000056

Coruña, A

Vilasantar

1

15090000000-2022-000145

Coruña, A

Vilasantar

1

15901000000-2022-000033

Coruña, A

Cariño

12

15902000000-2022-000385

Coruña, A

Oza-Cesuras

1

27005000000-2022-000010

Lugo

Barreiros

1

27005000000-2022-000011

Lugo

Barreiros

1

27009000000-2022-000154

Lugo

Carballedo

1

27009000000-2022-000297

Lugo

Carballedo

1

27020000000-2022-000566

Lugo

Friol

1

27020000000-2022-000838

Lugo

Friol

1

27020000000-2022-000849

Lugo

Friol

3

27042000000-2022-000105

Lugo

Paradela

3

27066000000-2022-000068

Lugo

Viveiro

1

32009000000-2022-000179

Ourense

O Barco de Valdeorras

4

32009000000-2022-000183

Ourense

O Barco de Valdeorras

9

32009000000-2022-000185

Ourense

O Barco de Valdeorras

8

32009000000-2022-000186

Ourense

O Barco de Valdeorras

2

32009000000-2022-000218

Ourense

O Barco de Valdeorras

3

32009000000-2022-000280

Ourense

O Barco de Valdeorras

2

32009000000-2022-000281

Ourense

O Barco de Valdeorras

2

32009000000-2022-000288

Ourense

O Barco de Valdeorras

1

32009000001-2022-000285

Ourense

O Barco de Valdeorras

2

32017000000-2022-000004

Ourense

Carballeda de Valdeorras

10

32027000000-2022-000048

Ourense

Cortegada

3

32038000000-2022-000022

Ourense

Larouco

2

32058000000-2022-000004

Ourense

O Pereiro de Aguiar

3

32058000000-2022-000005

Ourense

O Pereiro de Aguiar

1

32058000000-2022-000142

Ourense

O Pereiro de Aguiar

1

32058000000-2022-000146

Ourense

O Pereiro de Aguiar

1

32058000000-2022-000147

Ourense

O Pereiro de Aguiar

1

32066000000-2022-000006

Ourense

Quintela de Leirado

2

32066000000-2022-000033

Ourense

Quintela de Leirado

1

32076000000-2022-000178

Ourense

San Cristovo de Cea

2

32086000000-2022-000248

Ourense

Viana do Bolo

2

32088000000-2022-000047

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

4

32088000000-2022-000130

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

1

36009000000-2022-000067

Pontevedra

A Cañiza

9

36009000000-2022-000130

Pontevedra

A Cañiza

15

36021000000-2022-000107

Pontevedra

Gondomar

18

36021000000-2022-000112

Pontevedra

Gondomar

8

36023000000-2022-000123

Pontevedra

A Guarda

1

36023000000-2022-000125

Pontevedra

A Guarda

2

36023000000-2022-000126

Pontevedra

A Guarda

1

36051000000-2022-000170

Pontevedra

Sanxenxo

42

36057000000-2022-000171

Pontevedra

Vigo

4

36057000000-2022-000191

Pontevedra

Vigo

1

36057000000-2022-000210

Pontevedra

Vigo

1

36902000000-2022-000022

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

1

Non poderán ser obxecto de axuda as zonas que obtivesen, ou para as que se estean tramitando, axudas no marco da convocatoria do UNICO-Banda Larga 2022 do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

ANEXO IV

Condicións específicas en relación co principio de non causar dano significativo (DNSH)

Entre as obrigas para cumprir co disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, atópase a de respectar o chamado principio de non causar un dano significativo ao ambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

Por iso, os beneficiarios das axudas deberán prever os mecanismos que aseguren o cumprimento en todas as fases do deseño e execución do proxecto das condicións específicas que se enumeran a continuación, asociadas a cada un dos obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088:

Obxectivo ambiental

Condición específica

Mitigación do cambio climático.

Espérase que a medida xere emisións importantes de gases de efecto invernadoiro?

– Os fabricantes dos equipamentos e compoñentes utilizados, o operador da rede e/ou o provedor dos servizos de rede adheríronse ao Código de conduta europeo sobre consumo enerxético de equipamentos de banda larga.

– Ou o beneficiario demostra que realiza os maiores esforzos para implementar prácticas relevantes sobre eficiencia enerxética nos equipamentos e instalacións.

Adaptación ao cambio climático.

Espérase que a medida dea lugar a un aumento dos efectos adversos das condicións climáticas actuais e das previstas no futuro, sobre si mesma ou nas persoas, a natureza ou os activos?

– No momento do deseño e a construción das instalacións de infraestruturas de despregamento de banda larga ultrarrápida, o beneficiario incorporará as solucións de adaptación que reduzan o risco climático de onda de calor e aplicaraas antes do inicio das operacións.

O uso sustentable e a protección dos recursos hídricos e mariños Espérase que a medida sexa prexudicial: (i) do bo estado ou ao bo potencial ecolóxico das masas de auga, incluídas as augas superficiais e subterráneas; ou (ii) para o bo estado ambiental das augas mariñas?

– No proxecto non se incluirán actuacións de infraestruturas que poidan alterar a hidroloxía.

Transición a unha economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos.

Espérase que a medida (i) dea lugar a un aumento significativo da xeración, incineración ou eliminación de residuos, excepto a incineración de residuos perigosos non reciclables; ou (ii) xere importantes ineficiencias no uso directo ou indirecto de recursos naturais en calquera das fases do seu ciclo de vida, que non se minimicen con medidas adecuadas; ou (iii) dea lugar a un prexuízo significativo e a longo prazo para o medio ambiente en relación á economía circular?

– Os equipamentos non conterán as substancias restrinxidas enumeradas no anexo II da Directiva 2011/65/UE, excepto cando os valores de concentración en peso en materiais homoxéneos non superen os enumerados no devandito anexo.

– Ao final da súa vida útil, o equipamento someterase a unha preparación para operacións de reutilización, recuperación ou reciclaxe, ou un tratamento adecuado, incluída a eliminación de todos os fluídos e un tratamento selectivo de acordo co anexo VII da Directiva 2012/19/UE.

– Existe un plan de xestión de residuos que garante a máxima reciclaxe, ao final da súa vida útil, dos equipamentos eléctricos e electrónicos.

Prevención e o control da contaminación.

Espérase que a medida dea lugar a un aumento significativo das emisións de contaminantes á atmosfera, a auga ou o solo?

– Adoptaranse medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida sempre cumprindo a normativa de aplicación vixente en canto á posible contaminación de chans e auga.

Protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas.

Espérase que a medida (i) vaia en gran medida en detrimento das boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas; ou (ii) vaia en detrimento do estado de conservación dos hábitats e as especies, en particular daqueles de interese para a Unión?

– Asegurarase que as instalacións de infraestruturas IT non afectarán negativamente as boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas, tampouco ao estado de conservación dos hábitats e as especies, en particular os espazos de interese da Unión incluída a Rede Natura 2000 de áreas protexidas, sitios do Patrimonio Mundial da Unesco e outras áreas protexidas. Por iso, cando sexa preceptivo, realizarase a avaliación de impacto ambiental, de acordo co establecido na Directiva 2011/92/EU.

ANEXO V

Modelo de aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas

Don/dona ...., DNI ...., como conselleiro delegado/xerente/ da entidade ...., con NIF ...., e domicilio fiscal en .... solicitante de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no Compoñente 15, no marco da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B); declara coñecer a normativa que é de aplicación, en particular os seguintes puntos do artigo 22, do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia:

1. A letra d) do punto 2:

«Solicitar, a efectos de auditoría e control do uso de fondos en relación coas medidas destinadas á execución de reformas e proxectos de investimento no marco do plan de recuperación e resiliencia, nun formato electrónico que permita realizar procuras e nunha base de datos única, as categorías harmonizadas de datos seguintes:

i. O nome do perceptor final dos fondos;

ii. O nome do contratista e do subcontratista, cando o perceptor final dos fondos sexa un poder adxudicador de conformidade co dereito da Unión ou nacional en materia de contratación pública;

iii. Os nomes, apelidos e datas de nacemento dos titulares reais do perceptor dos fondos ou do contratista, segundo se define no artigo 3, punto 6, da Directiva (UE) 2015/849 do Parlamento Europeo e do Consello;

iv. Unha lista de medidas para a execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, xunto co importe total do financiamento público das ditas medidas e que indique a contía dos fondos desembolsados no marco do Mecanismo e doutros fondos da Unión».

2. Punto 3:

«Os datos persoais mencionados no número 2, letra d), do presente artigo só serán tratados polos Estados membros e pola Comisión para os efectos e duración da correspondente auditoría da aprobación da xestión orzamentaria e dos procedementos de control relacionados coa utilización dos fondos relacionados coa aplicación dos acordos a que se refiren os artigos 15, punto 2, e 23, punto 1. No marco do procedemento de aprobación da xestión da Comisión, de conformidade co artigo 319 do TFUE, o Mecanismo estará suxeito á presentación de informes no marco da información financeira e de rendición de contas integrada a que se refire o artigo 247 do Regulamento financeiro e, en particular, por separado, no informe anual de xestión e rendemento».

Conforme o marco xurídico exposto, en caso de resultar beneficiario destas subvencións manifesta acceder á cesión e tratamento dos datos cos fins expresamente relacionados nos artigos citados.

...., .... de .... de 202....

Asdo. ....

Cargo: ....

ANEXO VI

Modelo de declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR

Don/dona .…, DNI ...., como conselleiro delegado/xerente/ da entidade ...., con NIF ...., e domicilio fiscal en .... solicitante de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no Compoñente 15, no marco da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B); en caso de resultar beneficiario destas subvencións manifesta o compromiso da entidade que representa cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, comunicando, de ser o caso, ás autoridades que proceda os incumprimentos observados.

Adicionalmente, atendendo ao contido do PRTR, comprométese a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés «do no significant harm») na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito plan, e manifesta que non incorre en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado.

...., .... de .... de 202....

Asdo. ....

Cargo: ....