Mediante Resolución da Alcaldía, do 26 de maio de 2022, apróbase a oferta pública de emprego 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello do Pino, ao abeiro do disposto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás seguintes prazas:
Persoal laboral fixo:
Cód. |
Denominación do posto |
Dot. |
Tipo de contrato |
Grupo |
Acceso libre |
5103 |
Animador deportivo |
1 |
Laboral fixo |
III |
Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021 |
5104 |
Animador sociocultural |
1 |
Laboral fixo |
III |
Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021 |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello do Pino, no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.
O Pino, 26 de maio de 2022
Manuel Taboada Vigo
Alcalde