Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34831

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego,Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa II (código de procedemento TR349F) da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto).

Primeiro. A Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto), establece no seu artigo 4.2 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 20 de xullo de 2021 establece no seu artigo 4.5 que a distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas será directamente proporcional ao número de persoas autónomas dadas de alta en cada provincia a 31 de decembro de 2020, de acordo coa seguinte porcentaxe: A Coruña 40 %, Lugo 15 %, Ourense 11 % e Pontevedra 34 %. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entres dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. De acordo co artigo 4.1 da orde de convocatoria, o Programa II financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00315, cun crédito de 1.000.000 de euros.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, en aplicación da disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2021 e de acordo coas disposicións adicionais segunda e terceira do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00315, ao abeiro do Programa II (código de procedemento TR349F) da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021:

Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 400.000 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente TR349F 2021/123-1, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 7 do artigo 11 da convocatoria o día 30 de setembro de 2021, ás 16.06.14 horas.

Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 110.000 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente TR341F 2021/26-3, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 7 do artigo 11 da convocatoria o día 20 de setembro de 2021, ás 13.52.52 horas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social