Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal (Lei 20/2021).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2022-0067, do 25 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público do ano 2022, de conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:

– Proceso de estabilización de prazas laborais (acceso libre, sistema selectivo concurso, aplicación da convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021).

Denominación

Vínculo da praza

Nº de prazas

Xornada

Sistema de acceso

Auxiliar administrativo/a

Laboral

2

Completa

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral

3

Parcial (50 %)

Concurso

Operario/a condutor/a-chofer

Laboral

1

Parcial (62,50 %)

Concurso

– Proceso de estabilización de prazas laborais (acceso libre, sistema selectivo concurso-oposición, aplicación da taxa adicional de estabilización do artigo 2 da Lei 20/2021).

Denominación

Vínculo da praza

Nº de prazas

Xornada

Sistema de acceso

Auxiliar administrativo/a

Secretaría-intervención

Laboral

1

Completa

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, ou á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optar por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis oportuno en dereito.

Dozón, 25 de maio de 2022

Adolfo Campos Vázquez
Alcalde