A representación da titularidade do centro privado (CPR) San Marcos, de Ourense, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear e o CS Laboratorio Clínico e Biomédico, tamén solicita a supresión do CS Documentación e Administración Sanitarias.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Autorizar o CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear e o CS Laboratorio Clínico e Biomédico, e a supresión do CS Documentación e Administración Sanitarias, quedando o centro configurado como se detalla a continuación:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: San Marcos.
Código do centro: 32016224.
Domicilio: avenida Buenos Aires, 61.
Localidade: Ourense.
Código postal: 32004.
Concello: Ourense.
Provincia: Ourense.
Titular: Academia Trinidad, S.L.
Composición resultante:
a) Modalidade presencial, réxime ordinario:
• CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Hixiene Bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• CS Próteses Dentais (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
b) Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de ensinanzas para as persoas adultas:
• CM Farmacia e Parafarmacia.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento adecuado.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades