Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2021/121-3, no concello de Piñor.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio, infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA CNO804-apoios núm. 66-17-7 e núm. 66-17-8 (expediente IN407A 2021/121-3), no concello de Piñor, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo neste anuncio.

Ourense, 31 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/121-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CNO804-apoios núm. 66-17-7 e núm. 66-17-8.

Concello: Piñor.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Incidencia

Data de ocupación

1

Galiñeiro

32062A021000880000OL

Enderezo descoñecido

31.5.2022