Mediante o Acordo do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2022/26-3), o cal foi publicado no DOG do 29 de abril de 2022, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, número 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 31 de maio de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2022/26-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA SAG703-entre os apoios núm. 207 e 217.
Concello: A Veiga.
Predio núm. en proxecto: 5.
Lugar: Pozas.
Cultivo: labor.
Titular: herdeiros de Palmeiro Santos Barrio.
Afección de servidume de voo: 6 m con 94 m2 de superficie afectada.
Predio núm. en proxecto: 9.
Lugar: Pozas.
Cultivo: labor.
Titular: Generosa Prada Pedraz.
Afección: ocupación de 1 m2 para o apoio núm. 212.
Predio núm. en proxecto: 10.
Lugar: Pozo da Cruz.
Cultivo: labor.
Titular: herdeiros de Tiberio Barrio do Viso.
Afección: ocupación de 10 m2 para o apoio núm. 215.