Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas no procedemento administrativo BS210A (expediente LU-0000028959 e sete máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectualas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos de reintegro de prestacións relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 12 de maio de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000028959

32650703H

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

22.4.2022

LU-0000008705

02609179J

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

22.4.2022

LU-0000032293

41427504L

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

22.4.2022

LU-0000042833

01485604B

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

18.4.2022

LU-0000034772

35424830T

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

4.1.2022

LU-0000032091

10534012N

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

22.4.2022

LU-0000044919

76607920A

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

22.4.2022

LU-0000049786

76577254L

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

22.4.2022