Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-50901).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación do acto administrativo ditado pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázase a persoa citada no anexo ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, para proceder á notificación do referido acto ditado no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do dito acto administrativo e advírteselle que, de non facelo así, teráselle por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que a persoa interesada poderá presentar, no prazo de quince días desde o día seguinte ao da notificación por comparecencia do referido acto, as alegacións e/ou documentos que considere pertinentes.

Vigo, 19 de abril de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Persoa interesada DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-50901

Y3685740G

Acordo de suspensión cautelar

5.11.2021