Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 25 de maio de 2022, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00444-O-2022 e oito máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00444-O-2022 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 25 de maio de 2022

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00444-O-2022

4950-GSG

03089897P

Exceso de peso igual ou superior ao 15%.

30.9.2021; 14.15.00; AP-9; 170,5

Artigo 141.2 da LOTT Artigo 198.3 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.f) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

PO-00445-O-2022

4950-GSG

03089897P

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste.

30.9.2021; 14.15.00; AP-9; 170,5

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 197.45 do ROTT

2.001 euros

PO-00852-O-2022

4950-GSG

03089897P

A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT.

30.9.2021; 14.15.00; AP-9; 170,5

Artigo 140.32 da LOTT Artigo 197.37 do ROTT

Artigo 201.1.g) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT

1.001 euros

PO-00853-O-2022

4950-GSG

03089897P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

30.9.2021; 14.15.00; AP-9; 170,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01989-O-2021

6027-KZS

Y5361144L

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste.

22.4.2021; 19.50.00; N-120; 615,5

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 197.45 do ROTT

2.001 euros

PO-02740-O-2021

PO-6798-BP

45665909F

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas do día en curso e dos 28 días anteriores, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

19.7.2021; 11.56.00; PO-510; 0,8

Artigo 197.40 do ROTT Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.g) do ROTT

1.001 euros

PO-02832-S-2021

3998-DSK

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

2.7.2021; 10.30.00

Artigo 140.34 da LOTT Artigo 197.39 do ROTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

PO-02835-S-2021

3998-DSK

35322895R

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas do día en curso e dos 28 días anteriores, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

2.7.2021; 10.30.00; r/ Doutor Corbal

Artigo 197.40 do ROTT Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.g) do ROTT

1.001 euros

PO-02900-O-2021

1592-BBN

79313073B

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

20.8.2021; 8.00.00; PO-531; 4,3

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros