Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 10 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B) (Diario Oficial de Galicia número 15, do 24 de xaneiro).

Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 109, do 8 de xuño de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

No título do anuncio onde di: «(código de procedemento MR6505B)», debe dicir: «(código de procedemento MR605B)».