Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 30 de maio de 2022, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2020-0214-C.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar, emprázase a persona interesada, mediante este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), para que teña coñecemento do acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer, con cita previa, no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, núm. 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (excepto festivos), así como para presentar as alegacións correspondentes.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida cando venza o prazo indicado para comparecer.

A Coruña, 30 de maio de 2022

Mónica Vidal Regueira
Instrutora do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: RP-2020-0214-C.

DNI/NIF/CIF: 32771877M.

Acto de notificación: trámite de audiencia.