Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34045

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).

Advertidos erros no anexo da Orde do 27 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (publicada no Diario Oficial de Galicia número 106, do 3 de xuño), cómpre efectuar a seguinte corrección e engadir no anexo da dita orde as seguintes materias:

Habilitacións LOMCE

(Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa)

Habilitacións LOMLOE

(Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación)

Educación plástica, visual e audiovisual ESO

Expresión artística ESO

Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais BTO

Matemáticas xerais BTO