A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de maio de 2022, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de maio de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública