Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34155

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Resolución do 6 de abril de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 75, do 20 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e polo artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser, o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lles darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Apelidos e nome: Rafael Bouzas Bello.

Nº de rexistro persoal: ****716346 A2061.

Corpo ou escala: facultativo superior, escala de arquitectos.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Construcións e Equipamento.

Código: ED.201.00.004.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.