De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 16 de maio de 2022
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI denunciado |
Acto de notificación |
SAN-CO-0062/2022-IA |
32699963N |
Incoación |
SAN-CO-0055/2022-BA |
52454562A |
Incoación |