O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 6 de outubro de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Salvaterra de Miño.
Parroquia: Salvaterra.
Nome do monte: Laxe.
Cabida: 16.228 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).
Estremas:
Norte: Enriqueta Porto, Manuel González González, Agustín Piñeiro Moure, Emilio Lorenzo Porto, Herminio Piñeiro, Ángela Lorenzo Porto, camiño.
Sur: camiño, Camilo Otero Abril, Antonio Romero Vaqueiro.
Leste: comunal ocupado, herdeiros Germán Fuentes, Antonio Sobrado González, Manuel Rodríguez Rodríguez, Esperanza Porto Rodríguez, Ermitas Antonio Lorenzo Lorenzo, Elmiro Couto Pacheco, Atilano Alonso Lorenzo, Camilo Otero, Luis Diéguez Diéguez.
Oeste: camiño, Antonio Lorenzo Alonso, Antonio Souto González, Rosa Serodio, Víctor González Lago, Máximo Rivas Guillade.
O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Pontevedra, 20 de maio de 2022
Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor