Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 34012

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2022.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Resolución da Alcaldía nº 616/2022, do 9 de maio, aprobou a oferta de emprego público do Concello de Teo para o ano 2022, que comprende as prazas que a seguir se mencionan dotadas no orzamento da corporación e, en atención ao disposto no artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022:

Persoal funcionario:

Praza

Grupo

Nivel

Quenda

Número de postos

Cabo oficial/a

C1

20

Promoción interna

1

Garda policía

C1

18

Libre

1

Arquitecto/a técnico/a

A2

26

Libre

1

Técnico/a de Recursos Humanos

A2

26

Libre

1

Persoal laboral:

Praza

Grupo

Quenda

Número de postos

Técnico/a informático/a

A2

Libre

1

Traballador/a social

A2

Libre

1

Xefe/a de Instalación de Redes

A2

Libre

1

Bibliotecario/a

A2

Libre

1

Tractorista padexeiro

C2

Libre

1

Conserxe enterrador

AP

Libre

1

Teo, 12 de maio de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde