Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lle notifican á interesada as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Amoeiro.

Mediante o Acordo do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2022/54-3). Foi publicada no DOG do 19 de maio de 2022 e notificóuselles, ao mesmo tempo, aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A interesada, ou os seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/54-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMT SAC805 entre apoios B-4 e B-13.

Termo municipal: Amoeiro.

Predio número en proxecto: 8.

Lugar: Santa Marta.

Cultivo: monte alto.

Titular: Amalia Gutiérrez Dopazo-(descoñecida).

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio número B11.